Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Presentación do segundo traballo de Zurrumalla " Camiño por ti" o venres 16 de xuño ás 20:30H. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 04 Xuño 2017 19:53
praia2_21
O Instituto de Estudos Miñoráns presentará o vindeiro venres 16 de xuño ás 20:30H o segundo traballo do grupo musical Zurrumalla " Camiño por ti". Composto por Patri González: Pandeireta, pandeira e voz, Carlos Sabaríz,"Pelouro": Bombo, Suso Comesaña: Gaitas, saxo soprano e voz, Juan Comesaña, "Viti": Tamboril, Nacho Álvarez: Acordeón e voz, Bieito Lobariñas: Gaitas, cunchas, pandeireta e voz. O acto terá lugar na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. Da Feira , 10 baixo. Gondomar) e será presentado por Xilberte Manso de la Torre.
"Zurrumalla naceu como grupo ala por febrero do ano 2000 cando un grupo de amigos decidimos dar pulo aos nosos anceios e ás nosas inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzo e o tempo roubado aos nosos quefaceres cotiáns para os ensaios por acá e acolá, fonos quen de ilusionarnos e gozar coas notas que iamos arrincando á historia e tradición musical da terra. Arredor dela creamos un universo no que nos sentimos unidos, ledos e orgullosos. O noso desexo é compartir este gozo, esta ledicia e este orgullo amáis de que entre todos e todas, dignifiquemos a tradición. Por iso, durante estes anos da vida do grupo, e ao longo dos moitos concertos pola xeografía do país, procuramos ofrecer o mellor que como gaiteros podemos arrincar de nós".

Podedes acceder a máis info en: https://zurrumalla.wordpress.com

 
Presentación do libro: Carlos Casares. Vida e literatura. De Damián Villalaín. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 27 Maio 2017 23:33

10009389013

Presentación de

Carlos Casares. Vida e literatura.

De Damián Villalaín.

Unidos pola amizade con Carlos Casares, Camiño Noia desde a súa etapa de compañeiros de carreira na Universidade de Santiago e Damián Villalaín compartido responsabilidades na Editorial Galaxia durante máis dunha década, ambos amigos ofrecerán unha breve “tertulia” á maneira do lembrado e celebrado Carlos Casares.
Damián Villalaín (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e na actualidade profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Escritor, crítico teatral, editor e xornalista, traballou na revista "Tintimán" e nos xornais "Atlántico diario" e "La Voz de Galicia", foi director do Centro Dramático Galego e subdirector da editorial Galaxia (1991-2002). En 2002 encargouse, xunto con Xan Carballa, da edición do libro Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras. Membro da Fundación Carlos Casares, é un dos mellores coñecedores da figura humana e literaria deste escritor.
O acto terá lugar o vindeiro venres 2 de xuño ás 20:30 horas, para poder rematar ás 22:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
 
PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 24 Maio 2017 17:40

xiljpg

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

 
Proxección do documental " A Guerra tamén foi nossa"da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 25 Maio 2017 22:32

a guerra tamn foi nossa

O Instituto de Estudos Miñoráns presentará o vindeiro mércores 31 de maio, ás 20:30H na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar a proxección do documental" A Guerra tamén foi nossa" da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española.

Haberá un coloquio coas autoras da reportaxe Ana Luisa Rodrigues e Carla Quirino.

Presentarán o acto Xilberte Manso de la Torre e Antonio Arauxo Quintas.

 
Homenaxe a Carlos Casares no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o 17 de maio ás 19:30h. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 12 Maio 2017 21:52
casares iem
Cartel divulgativo do evento da autoría de Fino Lorenzo.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 245