Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. Mércores 20 de setembro ás 20:00h. Presenta Marta Dacosta.
O vindeiro mércores 20 de setembro ás 20:00h o IEM acollerá a presentación do libro " Ser modou modou" do senegalés Cheikh Fayé. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas , Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Cheikh Fayé emigrou á Coruña desde o seu Senegal natal buscando un futuro mellor, mais a crise tamén derrubou as súas arelas e hoxe vai tirando coa venda ambulante, como a maioría dos seu compatriotas.
O seu esforzo por integrarse e comprender Galiza, fai que hoxe non só se denomine a si mesmo senegalego, senón que mesmo comparta a nosa lingua, sendo este Ser modou modou o primeiro libro escrito en galego por un senegalés de nacemento.
Da súa odisea, metáfora da odisea doutro pobo obrigado a buscar o futuro na emigración, fala este libro.
María Xosé Bravo escribe no prólogo: "Estes textos que se presentan aquí ...son, nestes tempos de valados e fronteiras, un espazo libre, un xeito de diálogo con espírito aberto de reflexión crítica; unha visión sobre Galiza dunha persoa nacida a miles de quilómetros na África atlántica. Haberá outras moitas visións sobre Galiza, sen dúbida, mais esta ten mirada limpa, inocente, amable (demasiado amable?) mais tamén crítica, cando cómpre, sobre o noso país e as súas xentes."
O autor estará acompañado pola escritora e coordinadora da sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Marta Dacosta.
Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Presentación da Toponimia de Parada: "Os nomes de Parada de Miñor: Da Eira dos mouros de Castelo á Carrasca" PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 05 Abril 2017 19:06
Este sábado, 8 de abril ás 19:00h, no Centro cultural de Parada terá lugar a presentación "Os nomes de Parada de Miñor: Da Eira dos mouros de Castelo á Carrasca".

En caso de bo tempo, haberá unha saída dende a igrexa de Santiago de Parada con visita toponímica pola parroquia ás 17:00 h.

captura de pantalla 2017-04-05 a las 19.24.27

 
Presentación da Toponimia de Camos "Os nomes de Camos: Do Outeiro dos enforcados ao Sampiaio" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 29 Marzo 2017 19:54
Este sábado, 1 de abril ás 19:00h da tarde, no centro cultural de Camos " A Camoesa" terá lugar a presentación "Os nomes de Camos: Do Outeiro dos enforcados ao Sampiaio".

 

En caso de bo tempo, haberá unha saída dende o centro cultural con visita toponímica polo lugar das Pedras, A Bandeira e Muiño do Grilo ás 17:30 h.

jpg

 
CONVOCATORIA X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 26 Marzo 2017 12:27

captura de pantalla 2017-03-26 a las 12.23.38

 

CONVOCATORIA

X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO

Por décimo ano consecutivo, o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, comprácese en convocar unha nova edición do premio de poesía que pretende honrar a figura de Victoriano Taibo, poeta das Irmandades da Fala, mestre galeguista, creador de ducias de artigos sobre a lingua e sobre feitos e personaxes galegos, narrador, membro da Real Academia Galega e do Instituto Histórico do Minho, persoeiro, en fin, de méritos acreditados e fondamente comprometido coa lingua e a cultura galegas.

O premio instituíuse no ano 2008 co mecenado inicial da Entidade Local Menor de Morgadáns que, en 20015, a través do novo equipo de goberno resultante das últimas eleccións, eliminou unilateralmente o compromiso adquirido, e a continuidade do premio quedou garantida polo concello de Gondomar, que asumiu o mecenado a partir dese momento. Dende aquela data inicial o acervo literario galego incrementouse con 10 novos poemarios de 11 autores diversos que acadaron sempre críticas favorables.

 

Ler máis...
 
II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 28 Marzo 2017 20:19

3.1 cartel teatro web

A partir do vindeiro domingo 9 de abril o Auditorio Municipal Lois Tobío acollerá a II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar.
"Cabaret tres" será a obra que abrirá esta parte da mostra organizada polo IEM, a cargo de Pritis-guomins, a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío.

O programa continuará o domingo 23 de abril con "A tía lambida" a cargo de A Moura, a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Para finalizar a Mostra, o grupo de O mellor de cada casa, sairá a escena o domingo 7 de maio con "A illa deserta" ás 19:00h, no Auditorio Municipal Lois Tobío.
 
Presentación do libro: " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres. Xoves 30 de marzo ás 20:30h PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 23 Marzo 2017 18:45
O xoves 30 de marzo ás 20.30h, terá lugar a presentación do libro " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Intervirán ademais do autor, Montse Fajardo e Xosé Lois Vilar e gozaremos da actuación musical do guitarrista Fernando Blanco.
"Este libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Mais sobre todo é a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galiza, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.
Porque a crónica de acontecementos como os que aquí se relatan só ten sentido se forma parte dunha arela ética e política fundamental: a da reivindicación dos ideais e valores polos que loitaron e foron perseguidas tantas persoas ao longo de décadas; a militancia na causa da liberdade, da xustiza social, da igualdade; o compromiso por construír unha Galiza dona de si, próspera, solidaria, respectada. Esa é a mellor maneira de rescatalos do silencio das gavias e dos cemiterios; a victoria última contra a inxustiza, o terror e a mentira do franquismo; a verdadeira e definitiva homenaxe despois da amnesia e a amnistía decretadas na transición e no tempo que veu despois."

Fragmento do Epílogo do libro Non des a esquecemento
lus bar 22 non des a esquecemento22
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 244