Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.
O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
XEIRA IEM-Nigrán (Ramallosa)- "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes." Luns 14 de agosto, ás 18:30 h. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 10 Agosto 2017 10:36

captura de pantalla 2017-08-10 a las 0.21.39

O vindeiro luns 14 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Nigrán na parroquia da Ramallosa "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes.", dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM, e coa colaboración do concello de Nigrán, que será guiada polo especialista Antonio Soliño Troncoso.

A xeira ten como punto de encontro a Capela de San Campio na Ramallosa ás 18:30h.

Enlace ao punto de encontro:

https://drive.google.com/open?id=1N-J6l4qswZsjkAPwG1WpUFat8b8&usp=sharing

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2017
SAN PEDRO DA RAMALLOSA. MONUMENTOS, LENDAS E PAISAXES.

Guiada por
ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

A XEIRA. APROXIMACIÓN.
A parroquia de San Pedro da Ramallosa era coñecida no século XII como San Pedro de Filgueira, transformándose máis tarde en Filgueiras, denominación que segundo os libros parroquiais aínda mantiña a mediados do XVIII, antes de mudar para a actual. Durante o Antigo Réxime integrou o Partido de Val de Miñor polo que no político e gobernativo se debía ao Procurador Xeral do devandito Partido mentres que no contencioso estaba baixo xurisdición do Xuíz do reguengo de Baiona. Coa chegada dos concellos constitucionais San Pedro pasa a integrar o de Nigrán o 7 de decembro de 1836, ratificado mediante R.O. en febreiro do ano seguinte.
Esta xeira pretende complementar a que con final en Panxón realizou o IEM polos areais da parroquia o ano pasado. Aquela tivo como fío condutor o Rexionalismo arquitectónico e a repercusión que sobre algunhas das intervencións exerceron indianos nados nela. A presente, cunha motivación máis variada, atenderá a parámetros históricos, monumentais, paisaxísticos, etnográficos,... e rematará enlazando co tema da pretérita citada, o Rexionalismo e os indianos. Entre outras pezas comentaremos a capela e cruceiro de San Campio emprazadas a carón do esteiro do río Miñor; a medieval ponte da Ramallosa, unha das máis belas de Galicia; as distintas edificacións do pazo de Pías; a murada granxa da Robaleira, de século XVI; un tramo da antiga Estrada Real ao Val da Louriña; a parroquial de orixe románica e o cemiterio hixienista no que asentan monumentais panteóns; a primeira adega de viño espumoso do Val de Miñor; cruceiros do XVI e XVII; e arquitectura rexionalista construída por indianos en emprazamentos de privilexio. Tamén falaremos de encrucilladas e lendas, de persoeiros e algúns dos seus soños, de árbores senlleiras e paisaxes feridas. Todo durante as aproximadamente tres horas e cuarto que nos levará percorrer os cómodos catro quilómetros e medio de trazado previsto.

 

 
Xogos populares Galicia- Sáhara. Xoves 10 de agosto ás 18:00h. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 06 Agosto 2017 11:45

captura de pantalla 2017-08-06 a las 11.43.19

O vindeiro xoves 10 de agosto, con motivo das actividades que o IEM está a levar coas familias acolledoras de nenos e nenas saharauís, terá lugar unha xornada de xogos populares galegos e saharauís, nos que participaremos dun intercambio deste patrimonio cultural. Os elementos característicos que nos achegan a cooperación, á diversidade, a tomar conciencia da propia identidade e axuda a incorporar as regras promovendo o respecto polos/as outros/as.

Estas xornadas van dirixidas tanto ás familias acolledoras, nenos e nenas como a aquelas familias que queiran compartir estes momentos lúdicos con nós.

O lugar da celebración dos xogos será no Parque Ponte de Rosas ás 18:00h. O enlace do punto de encontro é o seguinte:

https://drive.google.com/open?id=1xlBx3q2g98anByfVy3-6s0rndVU&usp=sharing

A organización dos xogos estará a cargo de: María Lemos, Alba Costas, Nano Portela e Begoña Martínez.

Os xogos populares galegos serán os seguintes.: Chave, Zancos, e Corda, e o Pano como final colectivo.

Os xogos populares saharauís serán os seguintes.: Pisu, Dama, Talbat e o Ometsalvi como colectivo final.

 
11º XEIRA ALÉN MIÑOR: A Fonsagrada 12,13,14 E 15 DE OUTUBRO DE 2017. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 31 Xullo 2017 18:55

fonsagrada_1

11º XEIRA ALÉN MIÑOR: A Fonsagrada
12,13,14 E 15 DE OUTUBRO DE 2017


A Fonsagrada- A Raia Asturiana (etnografía, historia, identidade, paisaxe, abandono do rural)
Principiado o outono encamiñarémonos cara á Comarca da Fonsagrada e as veciñas terras asturianas de Oscos e Salime, para gozar e alimentar o noso espírito e sensibilidade co seu rico patrimonio natural, etnográfico, lingüístico e cultural recoñecido dende o ano 2007 como reserva da Biosfera por parte da Unesco.
A titularidade de que é o concello de máis extensión de Galicia, xunto con que case un 80 % do seu territorio está ocupado por superficie forestal significa que o sentimento de ruralidade, de apego ós costumes está moi enraizado na veciñanza. Noutrora foi un concello densamente poboado; nos anos 20 do século pasado estaban censadas 17.000 persoas, na actualidade non chega os 4.000 habitantes.
A súa paisaxe esgrevia facilitou o desenvolvemento dunha natureza impoñente, que o mesmo tempo complicou as comunicacións co resto de Galicia, favorecendo o seu illamento. Esta circunstancia carrexou un atraso económico e social respecto a outros zonas do país (como exemplo, a luz eléctrica chegou a Fonsagada no ano 1983) ó mesmo tempo que favoreceu o desenrolo dun rico patrimonio lingüístico e cultural, compartido coas comarcas irmáns dos Oscos-Eo, como o demostra o galego falado que non entende de fronteiras territoriais.
“A Fonsagrada, monte sen leña, fontes sen auga, muller sen vergoña, home sen palabra” (dito popular)
Ler máis...
 
XEIRA IEM- Nigrán: "Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro"Venres 4 de agosto. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 31 Xullo 2017 23:51

monteferro

O vindeiro venres 4 de agosto gozaremos doutra nova xeira, esta vez polo concello de Nigrán, dentro do programa Xeiras do verán 2017 do IEM, e coa colaboración deste concello, "Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro".

O punto de encontro e inicio da ruta será no Hostal Monteferro ás 20:30H, e será guiada polo especialista Xosé Lois Vilar Pedreira.

Os puntos de encontro atópanse no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=1uoP9KECUuiNkDOSj9xZQBxUIo94&usp=sharing

 

 

 

 
XEIRA IEM-Gondomar. Morgadáns: "A propósito da etnografía". Mércores, 2 de agosto. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 27 Xullo 2017 23:18
a propsito da etnografa
O vindeiro mércores 2 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Gondomar na parroquia de Morgadáns "A propósito da etnografía", dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM e coa colaboración deste concello, que será guiada polo noso especialista Antonio Soliño Toncoso.

A xeira ten como punto de encontro o local do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. Da Feira, 10 baixo Gondomar) ás 18:00h.

Enlace ao punto de encontro:

https://drive.google.com/open?id=1Z_gXk-r-YxZCKWRGI69Hj5a5afA&usp=sharing

MORGADÁNS. A PROPÓSITO DA ETNOGRAFÍA

Guiada por ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

A XEIRA. APROXIMACIÓN.

Se damos crédito ás investigacións de Ávila y La Cueva e outros autores pode dicirse que Morgadáns no medievo foi cabeza de morgado. Varios documentos do século XII identifican indistintamente coa parroquia as advocacións de Santa María, San Miguel e Santiago o cal leva a pensar que esta puido ser un señorío na alta idade media que englobaría as limítrofes de Peitieiros e Chaín. De feito, na última, no Coto do Abade, localizáronse vestixios dunha torre medieval mencionada en documentos do XII e XIII como Castelo de Morgadáns, de xurisdición real. En consecuencia, o topónimo da parroquia puidese estar vinculado aos acontecementos referidos.

A mediados do século XVI, en 1553, esta parroquia é herdada por D. García Sarmiento de Soutomaior, segundo da casa de Salvaterra e Sobroso, capitán xeral, e á fin pai de Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar. En 1579 don García funda na cidade de Toro un morgado encabezado pola casa principal e terras de Gondomar no cal algúns autores inclúen a Morgadáns. O certo é que durante o antigo réxime Morgadáns no político e gobernamental dependerá do Procurador Xeral do Partido de Val de Miñor e no xurídico e contencioso do Xuíz de Baiona, onde o Correxedor representaba o rei. En todo caso, o I Conde de Gondomar no testamento deixa noticia do que entende como inxerencias da real vila no referente á xurisdición da parroquia por se algún descendente quere continuar o preito que el non puido rematar.

Coa chegada do réxime liberal, Morgadáns, que se constituíra en concello durante o Trienio Liberal, pasa a integrar o Concello constitucional de Gondomar en 1836, confirmado por R.O. de febreiro de 1837.
Faremos un percorrido parcial pola parroquia intentando identificar o rico e maltratado patrimonio etnolóxico que posúe. Ao longo do paseo veremos o barrio de San Roque, con tipolóxicas casas de patín e corredor, capela, cruceiro, peto de ánimas, fonte,...; a contorna da antiga e pétrea ponte de Baralla sobre o río Morgadáns; o cemiterio indiano parroquial; o antigo barrio da Pedra, coroado pola parroquial, no que converxen todos os camiños estruturantes da parroquia e onde nos toparemos con lendas, restos medievais, escultura barroca e importantes exemplos de arquitectura vernácula; por último, o barrio do Lago cunha casa brasonada do XVII, exemplos de como non debe ser tratada a etnografía e o patrimonio en xeral, importantes camiños "tumbales" de pronunciada pendente e notables vistas panorámicas sobre o Val de Miñor.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 243