Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Colaboracións Literarias: “La Flor Marchita”, de X Mourisca PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 19 Decembro 2013 02:45

Compartimos o relato La Flor Marchita, de X. Mourisca, nesta nova achega das Colaboracións Literarias.

“Baixa a escalinata granítica que dá fronte ao cemiterio cando se decata de que, como case sempre a esas horas, non hai ninguén na rúa. Só un can negro e visiblemente tísico camiña a tombos ás súas costas. Óeo, mírao, e non lle fai o máis mínimo caso; xa ten dabondo co seu, pensa. Son as sete e media da mañá, poalla, a luz natural é gris e débil, a temperatura baixa, e a humidade ambiental moi alta, isto último tamén como case sempre”. Preme aquí para ler o relato completo.

Preme aquí para ver o catálogo completo das Colaboracións Literarias.

 
Sés: “A muller roqueira con alma de pandereteira” PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 19 Decembro 2013 02:26
ses_2
Un intre escoitando a Sés é suficiente para deixar coa boca aberta a calquera. A potencia da voz sumada á fondura das conviccións transmiten algo especial na súa arte: credibilidade. Pouco tempo estivo sentada durante o faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, tan só o suficiente para que Bieto Legaspi a presentara como "A muller roqueira con alma de pandereteira" e fixera un resumo da súa traxectoria. Escolma na que o presentador non ocultara o feitizo que a voz desta moza de A Coruña provocoulle a primeira vez que a escoitou e que o fixo percorrer media Galicia na procura do seu primeiro disco.
Ler máis...
 
Libros do Val Miñor para obsequiar neste Nadal. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Xoves, 12 Decembro 2013 01:27

capa-retallos-gondomar

retallos de GONDOMAR DE MIÑOR, o libro onde os veciños do concello de Gondomar presentan a súa terra a través de fotografías e textos é un dos títulos que o IEM ofrece para agasallar ou agasallarse nestas festas.

A publicación, ademais de 60 testemuños fotográficos e escritos, contén unha investigación sobre a orixe do nome Gondomar do especialista Gonzalo Navaza, un artigo sobre a paisaxe humana e xeográfica do mestre Miguel Anxo Mouriño e apuntes do patrimonio material e histórico do concello feito polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso.

O libro pode adquirirse na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar)  de luns a venres de 18 a 22 horas a un prezo de 20€. Tamén se pode reservar  exemplares a través do correo   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   ou no teléfono 986 360 575 no mesmo horario.

Ler máis...
 
Para agasallar arte nestas festas. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Martes, 17 Decembro 2013 00:35
Diapositiva1
Para agasallar ou agasallarte nestas festas regala arte e colabora co IEM. Unha fermosa colección de serigrafías orixinais de cinco artistas miñoráns permitiranche gozar e difundir a arte á vez que fas posible que esta institución poida seguir traballando. Cada carpeta ofrecese a un prezo de 800 euros e contén cinco serigrafías orixinais, de 68x50 cm., unha de cada un dos artistas: Fernando Casás, Armando Guerra, Fino Lorenzo, Carlos Barros e Lula Goce, estampadas no Taller Villalobos de Serigrafía Artística, sobre cartolina Fabriano Academia de 350gr.
Ler máis...
 
Divulgación dos vídeos e materiais do curso da UIMP-IEM “A Explotación Multifuncional do Monte”. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 11 Decembro 2013 14:19

plantacion-couso

Con motivo da celebración do curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo no IEM tivemos a posibilidade de compartir tres xornadas de intercambio relativas ao desenvolvemento rural, nomeadamente co traballo e a explotación dos montes comunais do país. Universidades, centros de investigación forestal e agrónoma, distritos forestais e comunidades de montes foron as protagonistas desta actividade que agora achegamos a través dos vídeos das conferencias así como diversos materiais que os autores das mesmas deixaron como apoio divulgativo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 101 de 265