Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Colaboracións Literarias: “Victoriano Taibo e Rosalía de Castro”, de Elvira Riveiro Tobío. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 11 Decembro 2013 01:18

elvira-riveiro-vt

Nesta entrega das Colaboracións Literarias achegamos o relatorio Victoriano Taibo e Rosalía de Castro  lido por Elvira Riveiro Tobío o día 23 de novembro de 2013 no acto que arroupou a entrega do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns a Ramón Sandoval, celebrado na Escola de Guillufe de Morgadáns.

Para descargar o texto preme aquí

 
Antón Seoane presenta o seu libro-disco “De Voces Ceibes a Milladoiro” PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 09 Decembro 2013 23:42

De-voces-ceibes-a-milladoir

O músico Antón Seoane presentará na Casa do Libro de Vigo o seu  libro- disco De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega (1973-1978), no que repasa polo miúdo a época que vai dende a aparición da nova canción popular galega ao nacemento de Milladoiro, o grupo folk máis coñecido do país, do que foi un dous fundadores. Socio e colaborador activo do IEM, Seoane estará acompañado polo músico e compañeiro de Milladoiro, Rodrigo Romaní e o director do IEM, Carlos Méixome Quinteiro, autor do limiar do libro. A presentación celebrarase este mércores 11 de decembro de 2013 a partir das 20 horas.

Ler máis...
 
O Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN grava o seu primeiro disco. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 06 Decembro 2013 01:29
cantares_do_brion3
Nesta ponte de decembro o Coro Tradicional Cantares do Brión realiza a gravación do que será o seu primeiro disco comercial. Durante tres días ocuparán o salón de actos do Centro Cultural de Vincios, a súa casa, no lugar onde habitualmente ensaia esta agrupación.
Ler máis...
 
TERTULIA do IEM coa cantante María Xosé Silvar “Sés”. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 09 Decembro 2013 21:58

ses

O vindeiro venres 13 de decembro ás 20:30 horas terá lugar unha nova  TERTULIA do IEM, nesta ocasión coa participación da cantautora Sés. O noso compañeiro Bieto Legaspi Villamarín estará a cargo da presentación do acto.  Despois do faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, terá lugar unha cea coa convidada no Pazo da Escola de Mañufe para a que se debe reservar lugar no teléfono 986360575, ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ata o vindeiro xoves 12 pola noite.

Ler máis...
 
Xosé Lois Vilar e Anxo Rodríguez Lemos presentan os nomes dos lugares recollidos en Borreiros. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 06 Decembro 2013 00:37
toponimia-borreiros-present
Entrementres a compañeira Elvira Riveiro percorre as parroquias de Chaín e Vilaza (Gondomar) na procura de informantes e nomes de lugares, compartimos este vídeo coa presentación ante os veciños da parroquia de Borreiros da recollida feita por Anxo Rodríguez Lemos que permitiu o rescate de máis de 600 topónimos da zona .
Na brevidade teremos rematados e colocados nesta web os documentos e mapas relativos ás xa feitas en Saiáns (Vigo), Baíña (Baiona) e Couso (Gondomar).
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 102 de 265