Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Presentamos o blog divulgativo da recollida de topónimos na parroquia de San Martiño de Borreiros. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Martes, 03 Decembro 2013 01:29

iem-blog-borreiros

Como xa informáramos máis de 600 topónimos históricos foron recollidos na parroquia de Borreiros do concello de Gondomar polo técnico de campo Anxo Rodríguez Lemos (IEM). Presentado o pasado 30 de novembro ante os veciños no centro cultural da parroquia, compartirmos agora a ligazón a un blog que construímos coa intención de facilitar a consulta ou descarga do traballo.

Ler máis...
 
Presentación da recollida de topónimos na parroquia de San Martiño de Borreiros PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Venres, 29 Novembro 2013 03:21
top-borreios
O vindeiro sábado 30 de novembro ás 12:30 horas no Centro Cultural de San Martiño de Borreiros serán presentados nun acto público os resultados da recollida dos nomes dos lugares da parroquia. O proxecto que permitiu a recuperación de máis de 600 topónimos foi desenvolvido polo Instituto de Estudos Miñoranos grazas á colaboración de 34 informantes locais e contou co apoio do Concello de Gondomar.
Ler máis...
 
Presentación do libro de Pepe Álvarez “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)”. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Martes, 26 Novembro 2013 02:02

pontevedra_anomedo

O vindeiro venres 29 de novembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro de Pepe Álvarez, Pontevedra nos anos do medo, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar). O acto no que contará coa presenza do autor, será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome.

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “CHOVE, CHOVE, CHOVE, CHOVE”, de Pepe Cáccamo. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 26 Novembro 2013 21:27

Pepe Cáccamo creou este poema para o Diario Cultural da Radio Galega, respondendo a unha petición do ente para homenaxear o sesquicentenairo de Cantares Gallegos. Indícanos que o fixo en ton humorístico e en glosa parcial do poema rosalián Como chove miudiño. O divertimento poético, como el o cualifica, adquire, non obstante, certas connotacións que penetran fondamente na ánima e no ánimo daqueles lectores concienciados coa realidade cultural e lingüística de Galicia; non por casualidade, pensamos, di que chove nos versos de Rosalía, a autora representativa da nosa identidade. Chove, chove, chove, chove, unha chuvia constante, teimuda coma un boi turrón (aran os bois e chove), que recrea e eterniza sobre o noso país esa Negra Sombra da poeta nacional.

Preme aquí para descargar o texto

Preme aquí para consultar o catálogo das Colaboracións Literarias

 
Ramón Sandoval recibiu o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 26 Novembro 2013 01:49

DSCF3655

Coa presenza de membros da familia do mestre  Victoriano Taibo, autoridades da ELM de Morgadáns e o Concello de Gondomar tivo lugar o pasado sábado a entrega ao escritor Ramón Sandoval dos galardóns correspondentes á VI edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns, pola súa obra Territorio Estraños. A gala cultural que deu marco ao acto contou cunha gran asistencia que encheu o local da Escola de Guillufe, onde Taibo desenvolveu boa parte do seu maxisterio na parroquia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 104 de 265