Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Colaboracións Literarias: “Pulo”, de Fino Lorenzo PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 19 Novembro 2013 20:56

Compartimos o relato Pulo, de Fino Lorenzo, nesta nova achega das Colaboracións Literarias.

Preme aquí para descargar o texto.

Preme aquí para consultar o catálogo das Colaboracións Literarias.

 
Gala cultural na VI entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 19 Novembro 2013 01:07

ramon-sandoval

Música, teatro e poesía tecerán unha gala cultural que lle dará marco á entrega do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns ao gañador desta edición Ramón Sandoval, consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, Territorio Estraños, que se presentará neste acto. A cerimonia terá lugar o vindeiro sábado 23 de novembro a partir das 19:30 horas, nas instalacións da Escola de Guillufe. O acto será conducido por Marta Dacosta

Ler máis...
 
Conferencia de Xosé Lois Vilar en Andel Libraría de Vigo: “Aceite, madeira e boinas. A talasonimia e naufraxios na costa galega”. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 18 Novembro 2013 22:00
1426747_179716208890253_1799021363_n
"Aceite, madeira e boinas", unha triloxía que xurde da memoria dos naufraxios na costa galega centrará o coloquio que o subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar presentará este martes 19 de novembro ás 20:30 horas en Andel Libraría (Avda. das Camelias, 102, Vigo). Entrada libre ata completar prazas.
Ler máis...
 
Presentación do libro “O extraordinario mundo da Ora Marítima”, de Xoán Bernárdez Vilar. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 19 Novembro 2013 00:30

capa-xoan-bernardez

O vindeiro xoves 21 de novembro ás 20:30 horas o investigador Xoán Bernárdez Vilar presentará o seu novo libro O extraordinario mundo da Ora Marítima, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar). A obra, na que o Val Miñor ocupa un importante espazo,  pescuda no  poema do romano Rufio Festo Avieno (Ora Marítima), unha das fontes máis antigas sobre os pobos que habitaban o noso territorio, e que tras varios anos estudándoa o autor presentoulla como tese de doutoramento en Xeografía, Arte e Historia no ano 2011.

Ler máis...
 
Presentación da revista ADRA e xeira polo Val Miñor coa Asociación dos socios/as do Museo do Pobo Galego. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 14 Novembro 2013 00:44

costa-ria-baiona

O vindeiro sábado 16 de novembro terá lugar un encontro aberto do IEM cos amigos da Asociación de socios e socias do Museo do Pobo Galego. Ás 10:30 da mañá e tras recibir aos visitantes, terá lugar a presentación de ADRA, anuario cultural da asociación. Posteriormente dará inicio unha xeira aberta a todo público por diversos lugares de interese da bisbarra, para cuxa participación é necesario contar con transporte propio.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 106 de 265