Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRA IEM-Gondomar: Polas extremas de Gondomar. Mércores 19 de xullo, ás 18:30h
O vindeiro mércores 19 de xullo gozaremos doutra nova xeira do IEM, esta vez polo concello de Gondomar "Polas extremas de Gondomar". O punto de encontro será no local do IEM (Avda. Da Feira, 10 baixo)ás 18:30H, e será guiada polos especialistas Xosé Lois Vilar Pedreira e Xosé Ramón García Martínez.


Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
O artista plástico Xosé Carlos Barros inaugura a mostra OBRA RECENTE na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 21 Maio 2013 23:20

diptico-barros

O vindeiro venres 24 de maio ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros. O traballo será presentado polo artista vigués Amando, e introducido por Fino Lorenzo. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM.
Presente nas mellores coleccións institucionais e privadas do país, a obra que Xosé Carlos Barros (Vigo, 1962) presenta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, supón un exquisito experimento plástico que indaga nas posibilidades simbólicas da materia.
Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “Brila, NO ANO DE ROSALÍA” PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 21 Maio 2013 18:56
Débense corrixir os orixinais de Rosalía de Castro? Cumpre modificar a ortografía de Otero Pedrayo?
Sinala Miguel Anxo Mouriño que cando un poeta escribía a súa obra en galego antes da existencia de normativas, "este era un idioma popular, sen ningún tipo de rexistros cultos onde poder estudar". A partir desta constatación, Mouriño achéganos unha profunda reflexións sobre a responsabilidade dos correctores e editores contemporáneos á hora de tratar escritos antigos. Presenta para iso unha serie de exemplos que analiza á luz do que considera unha tarefa a prol da dignidade da nosa lingua. Preme aquí para descargar "Brila, NO ANO DE ROSALÍA"
 
A poeta Marta Dacosta gaña o XVI Premio de Poesía Johán Carballeira outorgado polo Concello de Bueu. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Domingo, 19 Maio 2013 19:53

MARTA_DACOSTA

O Día das Letras Galegas trouxo máis dunha alegría polas terras do Miñor. Entre a marea de actos e festexos que alumeaban todos os recunchos do val recibíamos a boa nova de que a querida compañeira, a poeta Marta Dacosta recibía o primeiro premio da XVI Edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, outorgado polo Concello de Bueu.

Ler máis...
 
1 de Xuño, Xeira: “Pinzás: Toponimia, Ouro e Morte” PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 20 Maio 2013 22:12
pinzas
O vindeiro sábado día 1 de xuño de 2013, terá lugar a xeira "Pinzás: Toponimia, Ouro e Morte", na que percorreremos a aldea e montes de Pinzás (Tomiño) coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM). O punto de encontro será ás 10 horas na Casa do Pobo onde terá lugar un coloquio previo á andaina. Posteriormente sairase ao monte, onde terá lugar un xantar, levando cadansúa comida.
Ler máis...
 
Centos de narices de pallaso homenaxearon a Vidal Bolaño no Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 17 Maio 2013 23:47

opera_de_apatcon

-Unha vida dramática, o espectáculo teatral deseñado por Miguel Anxo Mouriño foi estreado nun abarrotado Auditorio Lois Tobío, na celebración do Día das Letras Galegas.

-Centos de narices vermellos simbolizaron a homenaxe do público ao gran dramaturgo que foi lembrado ao longo da obra e con pasaxes audiovisuais da súa pegada no cine e a televisión.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 107 de 241