Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Justo Beramendi , catro décadas de investigación cultural e histórica en Galicia. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 23 Outubro 2013 01:26

beramendi

Como anunciábamos en nota anterior o vindeiro venres 25 de outubro ás 20:30 horas compartiremos unha TERTULIA do IEM co historiador Justo Beramendi (Madrid, 1941). Aínda que madrileño de orixe, Beramendi  forma parte dende hai catro décadas,  do movemento intelectual  dedicado á dinamización cultural así como á investigación histórica de Galicia. O seu traballo abrangue un amplo espectro de temáticas especialmente relacionadas co nacionalismo, corrente coa que se identifica e a cal entregou boa parte dos seus estudos e obra bibliográfica. Actualmente xubilado, desenvolveu unha prolífica carreira como docente e catedrático na Universidade de Santiago de Compostela.  No encontro do venres teremos a posibilidade de escoitar e dialogar co convidado sobre interesantes aspectos da súa traxectoria.

Ler máis...
 
Lembrando A ROSALIA PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Mércores, 23 Outubro 2013 00:02

auditorio-a-rosalia

-Inclúe vídeo da actuación de 2naFronteira e interpretación de textos de Rosalía de Castro polas escritoras Rexina Vega e Marta Dacosta.

Durante a pasada fin de semana tiveron lugar dúas actividades onde a través da literatura, a música e a gastronomía lembramos e agasallamos a memoria da nosa poeta nacional, Rosalía de Castro. O venres 18 cun concerto no Auditorio Municipal Lois Tobío, que titulamos A ROSALIA e o sábado 19 cun Xantar Rosaliano no Pazo da Escola de Mañufe.

A partir de hoxe e en varias entregas imos compartir os momentos máis cálidos e salientables que tiveron lugar ao longo do recital. Como primeira entrega, vai o vídeo da actuación que abrira o espectáculo a cargo do dúo 2naFroteira, así como os textos de Rosalía de Castro interpretados polas escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega.

Ler máis...
 
O XII Memorial Filgueira Valverde congregará as últimas achegas da prehistoria galega no Museo de Pontevedra. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 22 Outubro 2013 22:21

arbo3

As máis recentes investigacións sobre a  Prehistoria de Galicia serán expostas no XII  Memorial Filgueira Valverde, que se celebrará no Museo de Pontevedra os días 5, 6 e 7 de novembro. Nesta edición se analizarán tres fitos particularmente significativos na investigación dese período, os xacementos de O Cabrón, en Arbo, de Porto Maior, nas Neves e de Cova de Eirós, en Triacastela, en Lugo.

Ler máis...
 
Os viños do Ribeiro da adega Aurea Lux acompañáronos no Xantar Rosaliano PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 22 Outubro 2013 23:24

vinos-aurea-lux

O pasado sábado 19 de outubro celebramos o Xantar Rosaliano no que degustamos  “a mesa e mantel”, diversos pratos cuxa referencia ou descrición figura na obra de Rosalía de Castro, dirixido polo historiador Xavier Castro. Na ocasión tivemos o pracer de probar os excelentes viños do Ribeiro, da prestixiosa adega Aurea Lux, que estivo representada polo seu promotor, o profesor de socioloxía Manuel Docampo.

Ler máis...
 
Colaboración Literaria: “Doces sen empallar”, de Paco Álvarez PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 22 Outubro 2013 19:23
Compartimos o relato "Doces sen empallar", de Paco Álvarez, nesta nova achega das Colaboracións Literarias.
Preme aquí para descargar o texto.
Preme aquí para consultar o catálogo das Colaboracións Literarias
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 110 de 265