Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Colaboracións Literarias: Triloxía “Suite da Barosa”, de Calros Solla. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 17 Setembro 2013 23:04

As Colaboracións Literarias desta semana son feitura do escritor Calros Solla, gañador do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dunha triloxía de relatos, “A certeza da auga”, “A arte de Nai” e “A eterna espiral”, reunidas baixo o título Suite da Barosa.

Preme aquí para descargar o relato

 
Inauguración da exposición “Labirinto”, de Manolo Ledo na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 17 Setembro 2013 20:19

Pe-de-mula-Sabaxans-Mondari

O vindeiro venres 20 de setembro  ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Labirintos , de Manolo Ledo. O traballo será presentado polo arqueólogo Xosé Lois Vilar cunha introdución do artista plástico Fino Lorenzo. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM.

Ler máis...
 
Expertos das tres universidades galegas desenvolverán o curso da UIMP no Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 11 Setembro 2013 23:01
Carlos_Meixome_Eladio_Ferro
Este mércores foi presentado o curso "A explotación multifuncional do monte. Contribución ao desenvolvemento rural" da Universidade Internacional Menéndez Pelayo aos medios de comunicación. O acto tivo lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, coa participación do director do IEM, Carlos Méixome e Eladio Ferro, os que salientaron a importancia desta terceira celebración dunha actividade formativa da UIMP no Val Miñor.
Ler máis...
 
Pasamento da nai do noso compañeiro Xulián Maure Rivas. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Domingo, 15 Setembro 2013 23:47
lazopara-web
O Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento da nai do noso querido compañeiro e membro da Xunta de Goberno, Xulián Maure Rivas, ocorrido este domingo 15 de setembro de 2013. Os restos serán velados dende o domingo ata o luns ás 17 horas no tanatorio de Pereiró. O enterro terá lugar o mesmo luns no cemiterio de Bouzas, ás 17:30 horas.
 
Arde Galicia PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por Xilberte Manso de la Torre - IEM   
Mércores, 11 Setembro 2013 21:40

lume-teton-1

"O lume faille moito dano aos petróglifos, e tódolos anos vemos como desaparecen ou son danados nalgunha parte do noso país pedras gravadas hai miles de anos. Mais , tamén podemos ver como o traballo ben feito e a precaución e prevención salvan gravados. Temos un exemplo no monte Tetón, onde o lume arrasou o monte no que se atopa o Real Seco, cunha pedra gravada co maior petróglifo de círculos concéntricos do noso país , pero non chegou a danar a pedra ao estar esta limpa e coidada"

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 Seguinte > Final >>

Páxina 111 de 261