Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Homenaxe do IEM a Rosalía de Castro no Auditorio Municipal Lois Tobío PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 14 Outubro 2013 22:04

rosalia

O vindeiro venres 18 de outubro ás 20 horas terá lugar un espectáculo musical en homenaxe a Rosalía de Castro no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío. O acto contará coa participación do escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e a intervención dos grupos musicais: 2naFronteira, Son do Val, Kogito-Ska feito na Galiza, Conservatorio de Música do Concello de Gondomar, Xardín Desordenado e o Coro Tradicional Cantares do Brión. Conducirán o acto Marta Dacosta e Rexina Vega. Entrada libre ata completar aforo.

Ler máis...
 
A Volta dos Nove PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Textos literarios
Escrito por Antonio Valverde   
Venres, 11 Outubro 2013 19:03

volta_dos_9

De rapaces, alá polos anos cincuenta, xuntabámonos na Ramallosa uns que vivían na bisbarra, como Antonio Roade, Fino Lorenzo, Tilducha Montaña, Maida Abal, Alvarito “o da Espuma”, o fillo do alcalde de Baiona Nardo Pereira, Marisa Abal, Rafa Mascuñana “o cínife”,….mais outros que viñamos pasar o verán, entre os que estabamos, Manolo Martínez, Manolo Valverde, Luís Zamácola “o leucocito”, Justo, fillo dun anticuario do Rastro de Madrid,…..e eu.

Ler máis...
 
Inscricións abertas para o obradoiro “O viño na copa” dirixido pola sumiller Marina Cruces García. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 09 Outubro 2013 20:52
vinho-na-copa
O obradoiro "O viño da na copa" é un convite a activar os nosos sentidos cara ao goce do viño máis alá de etiquetas e de modas. Para iso, en dúas xornadas imos catar adestrando as nosas ferramentas naturais do gusto, olfacto e vista.
A actividade a desenvolveremos en dúas xornadas, os días martes 22 e mércores 23 de 20 a 22 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo, Gondomar). A mesma estará dirixida pola sumiller Marina Cruces García quen ademais de guiarnos nas catas, falará das características, zonas e castas de uvas a desgustar.
Ler máis...
 
Suspendida a TERTULIA do IEM con Xusto Beramendi PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 09 Outubro 2013 21:32

Amigas e amigos do IEM. Infelizmente, por razóns de forza maior, o historiador Xusto Beramendi non pode estar con nós o vindeiro venres 11 de outubro, polo que a TERTULIA  queda suspendida. Serntímolo

 
Colaboracións Literarias: “O lapis color carne”, de Julio Villarino. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 08 Outubro 2013 18:56
Compartimos o relato "O lapis color carne", de Julio Villarino, nesta nova achega das Colaboracións Literarias.
Preme aquí para descargar o texto.
Preme aquí para consultar o catálgo das Colaboracións Literarias
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 Seguinte > Final >>

Páxina 112 de 265