Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Acto de entrega do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo. inicio tamén da I Semana poética Victoriano Taibo.

O Auditorio Lois Tobío acolle o acto de entrega do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo

Desde este sábado, dá inicio tamén a I Semana poética Victoriano Taibo que enmarca a entrega do premio

 

Organizado polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns.

E para achegarnos á data no ambiente poético propicio, o IEM inicia, este sábado día 10, a I Semana poética Victoriano Taibo, que encherá de versos a vila de Gondomar, unha festa poética que terá un fermoso ramo o día 17 coa entrega do premio desta décimo primeira edición a Laura Ramos Cuba.

I Semana poética Victoriano Taibo:

O sábado 10, ás 21:00 h. no Café Rañolas comeza esta celebración poética e será cun Slam poético, un recital aberto en que pode participar quen quixer co único requisito de que os textos que recite, dous, sexan de autoría propia e estean na nosa lingua. Cómpre tan só inscribirse previamente no correo electrónico do IEM (oficina@iem.gal). Un xurado escollido entre o público asistente seleccionará ao gañador ou gañadora da noite.

O luns día 12 a poesía tomará os balcóns e as fachadas de Gondomar, ondeando os seus versos en lonas que reproducirán, entre outros, poemas de autores premiados co Victoriano Taibo.

Nesa semana repartiranse tamén entre 14 establecementos hosteleiros manteis ilustrados con poemas.

E no medio da semana, nun lugar céntrico e frecuentado, podermos gozar dunha sorpresa poético-musical que non poderá ser máis anunciada para que, efectivamente, sexa unha sorpresa.

E así chegaremos ao sábado 17, data de entrega do XI Premio Victoriano Taibo.

A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, amenizará o acto en que a autora recibirá o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recitará algúns poemas da súa obra. No acto tamén intervirá o director do IEM, Xulián Maure. Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal a autora asinará libros para quen o desexe.

O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Aberta a matrícula para o curso “A explotación multifuniconal do monte” da Universidad Internacional Ménendez Pelayo, en Gondomar, na sede do IEM PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Venres, 09 Agosto 2013 23:03

cartel-arte-final-optimizad

Por terceiro ano a Universidad Internacional  Ménendez Pelayo (UIMP) en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos organiza un curso de verán en Gondomar. Nesta ocasión propómonos reflexionar sobre a sustentabilidade, a xestión e a multiplicidade de funcións dos nosos montes.

Ler máis...
 
Breve historia das "Bágoas de San Lourenzo" PDF Imprimir Correo-e
Xeografía e Historia - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 08 Agosto 2013 22:39
bagoas-de-san-lourenzo
Calquera afeccionado/a ouviu falar desta choiva de verán. As Perseidas son tamén coñecidas co nome de Bágoas de San Lourenzo, porque o 10 de agosto é o día deste santo. Na Idade Media e o Renacemento as Perseidas tiñan lugar a noite en que era lembrado, de tal maneira que se asociaron coas bágoas que verteu San Lourenzo ao ser queimado na fogueira, concretamente nunha grella.
Ler máis...
 
Noite de estrelas e lobos PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 08 Agosto 2013 22:21
noite-estrelas-2013
Lamentablemente o pasado mércores 7 de agosto non se puideron ver as estrelas polas nubes baixas, pero si "cazar o lobo" e falar de como os nosos devanceiros se enterraban nas mámoas, a toponimia e historia da serra da Groba. Cento oitenta e sete persoas non lle tiveron medo as ameazas de choiva e frío e acompañáronnos nunha nova xeira polos tesouros culturais da serra da Groba.
Ler máis...
 
O Foxo Pedriño na Serra da Groba. PDF Imprimir Correo-e
Xeografía e Historia - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 08 Agosto 2013 22:26
foxo-pedrinho-groba
Todo o país está cheo de foxos e cortellos para cazar o lobo. A magnitude das obras que hoxe podemos aínda observar, na maioría dos casos, en moi mal estado de conservación, ofrécenos unha información da salientable importancia que tiña a acción do lobo sobre a cabana gandeira. A falla de armas de fogo, a astucia e as lendas, unhas veces baseadas en feitos reais e outras inventadas, fixeron do lobo un inimigo a bater utilizando trampas e enxeños dun gran custo construtivo pero dunha grande utilidade e efectividade.
Ler máis...
 
Visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Mércores, 07 Agosto 2013 21:48
xeiras-do-iem-teton
Este venres 9 de agosto terá lugar unha nova Xeira de arte rupestre no Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, situado na parroquia de Tebra (Tomiño). A actividade dará comezo ás 22:30 horas na casa do Concello de Tomiño, onde terá lugar un coloquio sobre petróglifos a cargo do subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 Seguinte > Final >>

Páxina 115 de 260