Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Colaboracións Literarias: “A Cala das Sereas”, de Julio Villarino. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 03 Setembro 2013 22:39

Julio Villarino é un mozo de Baiona, aínda que vive en terras luguesas por mor do traballo. Está preparando a publicación do seu primeiro libro de relatos titulado Lendas de Baiona, do que forma parte "A Cala das Sereas", texto que compartimos hoxe.

Preme aquí para descargar o relato

 
Últimas prazas para participar do curso de creación literaria “Victoriano Tabio” con Elvira Riveiro. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 02 Setembro 2013 20:36
Recordamos que o curso de Creación Literaria "Victoriano Taibo" (poesía e prosa) organizado polo IEM desenvolverase os xoves de 18:30 a 19:30 na Aula de Cultura Ponte de Rosas, situada en Avda da Feira,nº 10 (Gondomar). Será impartido pola escritora Elvira Riveiro, o custo da matrícula é de 20 euros e o número máximo de participantes de 25.
Ler máis...
 
Na reivindicación do Lourido, na lembranza de Paco del Riego. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM   
Mércores, 28 Agosto 2013 20:21

paco-lourido

No marco do centenario de Francisco "Paco" del Riego, o Instituto de Estudos Miñoranos organizará un encontro en Lourido (Nigrán): "Na reivindicación do Lourido, na lembranza de Paco del Riego". O mesmo terá lugar o vindeiro venres 30 de agosto ás 20:30 horas xunto á placa que honra a del Riego, "Fillo adoptivo de Nigrán", na Área Loura.
Ler máis...
 
Estudo dos topónimos “Nigrán”, “Vilameán” e “Seixas” do profesor Gonzalo Navaza. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 30 Agosto 2013 21:25

san-fiz

Con motivo da edición do libro Sementar para os  que veñan, homenaxe do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo aos 40 anos de maxisterio da catedrática Camiño Noia, (U. de Vigo, 2013), o profesor Gonzalo Navaza desenvolveu un documentado estudo sobre os topónimos miñoranos do concello e parroquia de Nigrán, a  entidade de poboación Vilameán e a vía pública Seixas, relacionados coa residencia da profesora.

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “Camelias para Beatriz”, de Miguel Anxo Mouriño PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 27 Agosto 2013 22:54
Álvaro Cunqueiro e Victoriano Taibo, danse sita neste relato de Miguel Anxo Mouriño, Camelias para Beatriz, unha recreación literaria "baseada en informacións publicadas", segundo nos advirte o autor.
Preme aquí para descargar o relato
Preme aquí para ver o catálogo das Colaboracións Literarias.
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 Seguinte > Final >>

Páxina 116 de 265