Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Xeira do IEM: Ex Colexiata de Baiona. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 27 Agosto 2013 01:23

tg_carrusel_central

A ex Colexiata de Baiona, un dos monumentos senlleiros da arquitectura relixiosa no Val Miñor será o destino da vindeira Xeira do IEM. A mesma terá lugar o vindeiro mércores 28 de agosto ás 18 horas, con punto de encontro no adro da igrexa. A guía estará a cargo da experta no Románico, Margarita Vázquez (O Sorriso de Daniel).
 
Amoedo. "Lenda en Pedra" PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 27 Agosto 2013 00:52

amoedo-mamoa

A fregresía de San Sadurniño de Amoedo (Pazos de Borbén), agocha un conxunto arqueolóxico integrado por 22 mámoas e próximo a 60 petróglifos, a maioría deles representativos da arte rupestre abstracta. O pasado venres 23 de agosto, o IEM xunto coa Comunidade de Montes de Amoedo organizou unha xeira divulgativa deste patrimonio co título "Amoedo. Lenda en Pedra", na que participaron 180 veciños da parroquia e contorna. A actividade enmarcouse nun proxecto de posta en valor patrimonial do monte que está a desenvolver esta veciñanza que entre outras iniciativas, prevé a estruturación dunha ruta arqueolóxica e etnográfica.
Ler máis...
 
Audición musical do IEM na Ex Colexiata de Baiona coa dirección de Manuel López Benito. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 21 Agosto 2013 20:31
colexiata-baiona
O vindeiro venres 23 de agosto ás 20:30 horas na Ex Colexiata de Baiona, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICAIS dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición na que se pretende xuntar a divulgación da Música Clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.
Ler máis...
 
Historias que nacen do mar PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 27 Agosto 2013 00:32

xeira-martima-2

Un cura que a puro olfacto podían distinguir os corpos de náufragos fieis ou herexes; o roubo dun mascarón de proa coa talla dunha muller núa que rematou nunha igrexa como a Virxe do Carme; estas foron algunhas das historias que compartiu Quico Cadaval, durante a II Xeira Marítima do IEM, celebrada o pasado 20 de agosto.

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “Lila de Comala”, de X. Mourisca. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 20 Agosto 2013 21:59

X. Mourisca  é o autor de Lila de Comala, un relato literario que compartimos nesta achega semanal de Colaboracións Literarias.

Preme aquí para descargar o relato

Preme aquí para ver o catálogo das Colaboracións Literarias.

 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 Seguinte > Final >>

Páxina 117 de 265