Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Artigos A experiencia do proxecto Benboa de Currubedo centrou unha nova TERTULIA do IEM.
Skip to content
A experiencia do proxecto Benboa de Currubedo centrou unha nova TERTULIA do IEM. PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 11 Abril 2014 23:17
benboa


A presenza no país de boa materia prima na terra e no mar, así como xente cualificada para tratala foron as bases que fixeron posible o proxecto Benboa de Currubedo. Así o salientou un dos seu fornecedores, o empresario Rubén Brión na presentación deste complexo pioneiro que conxuga un mercado tradicional, cun espazo de restauración, cetaria e máis unha tenda de pratos preparados a domicilio. Levou máis de oito anos o seu desenvolvemento entre trámites burocráticos e o período de investigación necesario para obter os produtos finais coa calidade óptima.
A estratexia comercial elixida foi a da venta directa no local, telefonicamente ou a través de Internet. Isto, asegura Brión, permítelles manter prezos razoables ao evitar intermediarios. De momento os produtos de Benboa non se comercializan noutras tendas, aínda iso, Brión asegura que a demanda é suficiente para manter "no aire" aos 17 traballadores que na actualidade encárganse do funcionamento do complexo.
Benboa atópase nunha antiga planta de salgadura do ano 1900 sita no porto ribeirense de Corrubedo. O proxecto foi promovido por Rubén Brión, Carlos Brión e Paco Teira. Afirma que o seu sono é conseguir que o establecemento sexa quen de contribuír á posta en valor dos produtos galegos e nomeadamente da pesca artesanal de Currubedo. Neste senso, sinala que o seu gran obxectivo é que a lonxa de Benboa sexa capaz de soster a compra da produción anual dos pescadores para trasladarlla directamente ao público. Unha estratexia que permitiría obter máis beneficios á flota artesanal e un menor custe aos consumidores.
O faladoiro de máis dunha hora e media transcorreu este venres 11 de abril na Aula de Cultura Ponte de Rosas, no transcurso da TERTULIA do IEM. A mesma contou cunha presentación do biólogo e membro da casa, Xosé Ramón García.

Dim lights Embed Embed this video on your site