“Que fixeches Periquete!”: Xurxo Souto na TERTULIA do IEM Imprimir

Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 18 Decembro 2014 20:42

capa-xurxo-xoselois

Dende A Coruña veu Xurxo Souto que nos regalou o seu tempo nunha TERTULIA que puido xirar ó redor da música galega, ou sobre o mundo da radio pero decidiu que versase sobre o mar, das nosas mil ribeiras presentando o seu último libro Contos do mar de Irlanda editado por Xerais neste 2014 e que xa vai pola terceira edición.

Xurxo mantén a tese de que nós os terrícolas vivimos de costas ó mar. O mar da pesca de baixura pero tamén ós mares galegos de Terranova, O Gran Sol, África, As Malvinas, O Índico, ...
O discurso centrouse nos mares de Irlanda con alusións á pesca do bacallau en Terranova. E cantamos guiados pola voz e o acordeón do artista:


Que fixeches Periquete!
Periquete que fixeches?
Pedazo de mamalón
quixeches tomar Saint Pierre
a estilo Napoleón
(J.L. Blach, 1960)

Dim lights Embed Embed this video on your site

Os nosos mares cheos de protagonistas: patróns, mariñeiros, cociñeiros, chos, maquinistas, engraxadores, peixes, cans, ... Mariñeiros–poetas, mariñeiros–pintores.
Saímos da conferencia familiarizados con Bantry, Castletown, Saint Pierre et Miquelon, Galway, ... pero tamén cos nomes do mar de Irlanda, talasonimia galega: A Cona da Vella, Os Tres Codillos, A Pistola, A Zapatilla, O Clítoris, ...

540debuxo-talasonimos-xurxo

Cantamos e rimos. E o coñac, o pementón, as cebolas, o cocido, ... O arrastre, os embarres, o bou e a baca, as 200 millas, naufraxios, parellas, ... Xa somos algo máis mariñeiros debido á magnífica presentación deste texto que tenta ser moitos proxectos como unha exposición de pinturas do maquinista de Bouzas Pepe Casal, ou animar a unha xuntanza das botas de Bueu de Riobó, ou a un irmanamento con Saint Pierre ou con Bantry.

Vámonos Milucho que temos o helicóptero enriba da testa!

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

MANOLITO O PESCADOR

540xurxo-manolito-xoselois

 

Xa ó remate do relato, a cantiga e a música de Xurxo ofrecémoslle a presenza dun patrón de 64 anos, nacido en Coia e que traballou en Terranova (3 marés), no Gran Sol (12 días) e nas costas de África e As Malvinas (até 1990)

Manuel Fernández Vidal vive no Val Miñor e andou nos mares do Atlántico dende Groenlandia até As Malvinas. Narrounos as experiencias persoais, a evolución sicolóxica do persoal de a bordo, as condicións de traballo, as relacións humanas, as recaladas en Saint Pierre, Halifax, Saint Jonh, Post Stanlecy, Capetown, Walbays Bay, ... E a Chata, Lourido, L'Étoile, O Stella Maris, o padre Caldeiradas e o P. Joseba Beobide, ... O frío de Terranova, o calor de Namibia, os doris portugueses, ...
"Eu facía de cura, de sicólogo, de médico de pago. O segundo oficial facía de médico de cabeceira, a pílula que el lle daba non lle facía nada ó paciente, á mesma pílula dada polo capitán curábao todo".

Dim lights Embed Embed this video on your site