Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres» mércores 13 de decembro ás 20:00H, Ana Ulla Miguel ¨A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan"

O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá o vindeiro mércores 13 de decembro ás 20:00H o faladoiro ¨A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan", por Ana Ulla Miguel, astrofísica, dentro do ciclo «Presenza das mulleres»

Será presentada por María Lemos Cerqueira, mestra e membro da xunta de goberno do IEM.

O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Ana Ulla Miguel

Biografía

Doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de A Laguna coa especialidade de Astrofísica. Profesora Titular de Universidade do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, desde xaneiro de 2001, desempeñando con anterioridade diversos postos de investigación e docencia en centros nacionais e estranxeiros. É, desde a súa creación no ano 2005, a investigadora principal do Grupo AS1 de Astronomía e Astrofísica da UVIGO. Membro da Unión Astronómica Internacional (IAU), da Sociedade Española de Astronomía (SEXA), da Real Sociedade Española de Física (RSEF) e da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT). É ademais integrante do padroado da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3), que xestiona o Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF).

Está en:  Inicio Tertulias Artigos Ana Pontón nos Faladoiros Galicia 2017-2020: presente e futuros
Skip to content
Ana Pontón nos Faladoiros Galicia 2017-2020: presente e futuros PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 13 Xaneiro 2017 15:33
Streaming ofrecido por K12 comunicación
O Instituto de Estudos Miñoráns convida aos interesados a asistiren este venres día 13 de xaneiro ás 20:00h ao primeiro faladoiro do ciclo <> no que intervirá a voceira parlamentaria do grupo político con representación no Parlamento Galego, Ana Pontón, do Bloque Nacionalista Galego.

O acto será presentado por Sandra González (Alcaldesa de Tomiño) e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo. Gondomar

Este evento será transmitido en streaming coa colaboración de K12 Comunicación e poderá seguirse igual e indistintamente dende a web do IEM e Facebook do IEM á hora sinalada.