Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO-Ouro, mámoas e estrelas. Xoves 16 de agosto ás 19:00h.

O vindeiro xoves 16 de agosto ás 19:00 h terá lugar a oitava xeira de verán polo concello de Tomiño Ouro, mámoas e estrelas, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira.

O punto de encontro será na Antiga escola de Vilachán do Monte. Barrantes.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.
Está en:  Inicio Tertulias Artigos Cándido Pazó nas TERTULIAS do IEM
Skip to content

Relacionados

Cándido Pazó nas TERTULIAS do IEM PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Artigos
Sábado, 09 Outubro 2010 15:03

{youtube width="200" height="160"}Ct9MG_bNcEA{/youtube}

A noite do venres 8 de outubro, a Aula de Cultura ponte de Rosas viviu unha xornada de humor e reflexión que tivo como protagonista a Cándido Pazó. A pesar do mal tempo, a sede do Instituto de Estudos Miñoranos viuse chea por un auditorio que gozou dende o comezo coa apertura do novo ciclo de TERTULIAS a cargo de Xilberte Manso (IEM), coa presentación do convidado por parte do Profesor Bieito Legazpi e por suposto coa brillante conferencia que nos obsequiou Cándido Pazó

Pode escoitar o audio completo do faladoiro na nosa páxina en Facebook.

Prema aquí