Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Tertulias Artigos Vídeo de Araceli Gonda na Tertulia do IEM.
Skip to content
Vídeo de Araceli Gonda na Tertulia do IEM. PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Artigos
Mércores, 06 Abril 2011 21:11

{youtube width="200" height="160"}zMdTtd7YkRI{/youtube}

O pasado venres 1º de abril tivo lugar unha nova TERTULIA do IEM. Nesta ocasión estivo con nós a guionista, xornalista e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, ARACELI GONDA CABREIRA . A nosa convidada, natural de Morgadáns e colaboradora do IEM na organización e desenvolvemento do Premio de Poesía Victoriano Taibo, foi presentada pola enxeñeira de telecomunicacións, natural de Gondomar Esther Fernández Otero. No transcurso do faladoiro onde Araceli fixo un percorrido pola súa carreira profesional, deixounos momentos de reflexión e humor como os que recollemos neste vídeo.

{youtube width="400" height="320"}zMdTtd7YkRI{/youtube}