Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Artigos Justo Beramendi analiza o presente e futuro próximo de Galicia na TERTULIA do IEM.
Skip to content
Justo Beramendi analiza o presente e futuro próximo de Galicia na TERTULIA do IEM. PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Sábado, 26 Outubro 2013 01:29
meixome-beramendi

“Sen ánimo de sentar cátedra de nada”, o profesor Justo Beramendi deixou a súa pegada na tardiña do Val Miñor cunha análise detida do presente e futuro próximo da Galiza. Tres grandes desafíos: o devalo demográfico, as carencias estruturais da economía e as fallas do sistema político do país; centraron o coloquio que deu apertura á 13ª tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM.

Tras unha breve presentación do convidado, a cargo do director do IEM, Carlos Méixome, Beramendi comezou por sinalar que estes tres aspectos determinarán en boa medida o futuro da Galiza. Tres alicerces da realidade nacional que estimou en crise “antes da crise actual” (valga a redundancia), en situación de incerteza aínda nun escenario de transitoria recuperación económica.

O devalo demográfico que acusa a sociedade galega maniféstase na diminución da taxa de fecundidade, o envellecemento da poboación e a emigración, segundo Beramendi. Tres realidades que rachan calquera posibilidade dun relevo xeracional polo pulo vexetativo, segundo a súa opinión. Entre as causas deste devagar, denunciou unha inexistente política de incentivos na materia, a falla de protección en materia laboral á maternidade, así como o troco cultural nas parellas que xa non ven nos fillos un factor de crecemento da economía familiar, senón todo o contrario.

En materia económica, Beramendi salientou que sen ben o país “progresou” nas últimas tres décadas, o “atraso” aínda sobrevive. Nesa liña argumentou que a renda media de pensionistas e traballadores de Galicia segue a estar por baixo do resto do Estado español e a Unión Europea.  Por riba, aos graves problemas en eidos tradicionalmente estratéxicos (naval, pesca, leite, rural) súmase agora a posible perda absoluta do capital financeiro coa venda das caixas galegas. Perdas ás que sumou o “desmantelamento do pequeno tecido  de investigación e desenvolvemento” que tiña vertebrado o país.

Na súa avaliación, Beramendi afondou en dous aspectos da política nacional: o pouco peso de Galicia no Estado español, así como o esmorecer da identidade galega. Realidades cuxas causas situou nun exercicio “cativo e impotente” do goberno autonómico, o retroceso identitario e lingüístico, as prácticas caciquís e a “estoupación da democracia”.

Compartimos o vídeo coa exposición de Justo Beramendi, na que logo da análise dos puntos antes mencionados, achega o seu parecer sobre as fortalezas e atrancos que ten a nosa sociedade para artellar posibles saídas a esta realidade.

Dim lights Embed Embed this video on your site