Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Artigos
Skip to content
Artigos
Ecos da presenza de Mini e Mero na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 10 Xuño 2013 23:35
mini_mero
De mozos elixiron o medio rural para desenvolver a súa profesión de mestres. Din que querían "redimirse" dunha educación recibida no maxisterio onde todo viña escrito "de fóra". Atoparon que o mellor camiño era o de autodidacta. O de aprender dende cero, remexendo nas raíces, equivocando o camiño para dende a propia realidade e non dende os manuais axeitar a ruta. As cancións e a música en xeral foron as ferramentas principais dese longo camiño que xuntos están a percorrer dende hai varias décadas como Mini e Mero.
Ler máis...
 
Mónica Camaño: “E ironías da vida, cando asumo que debo ser actriz, que o son, a penas o exerzo”. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 09 Abril 2013 01:40
antela-cid-e-monica-camanho
"E ironías da vida, cando asumo que debo ser actriz, que o son, a penas o exerzo. E a vergoña é maior porque parece que nunca fixen nada, que nunca fun nada...". A actriz Mónica Camaño describiu a difícil situación pola que atravesan as artes escénicas do pais, durante a súa intervención na TERTULIA do IEM da que foi protagonista. Afondou, dende a súa experiencia, as reviravoltas polas que atravesan os traballadores da cultura para poder sacar adiante os seus proxectos e tamén obter a supervivencia cun mínimo de dignidade.
Ler máis...
 
Testemuños dunha mesa agro-gandeira no IEM. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 18 Marzo 2013 20:04

mesa_ecoloxica

O pasado 1 de marzo, o biólogo César Lema (especializado en agricultura e permacultura) e máis Roberto Álvarez (Facenda O Agro) analizaron a realidade da agricultura ecolóxica así como as súas perspectivas a partir das experiencias desenvolvidas por ambos os dous en diversos emprendementos agro-gandeiros.

Ler máis...
 
Un "Arroaz Maior" que non teme o risco á hora de crear, abraiou ao público nunha nova TERTULIA do IEM. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por Alvaro Peralta   
Sábado, 02 Febreiro 2013 02:39

IMG_0746Se no carné de identidade tivese que incluír a súa profesión non dubidaría en colocar: "debuxante de banda deseñada". Esa é a identidade, que por riba de calquera das outras define a Miguelanxo Prado, segundo o confesou durante a TERTULIA do IEM celebrada este venres 1 de febreiro e da que foi o protagonista. Neste eido, afirmou descubrir aos 18 anos a sintaxe perfecta cara as súas dúas paixóns: imaxe e narrativa. Dende alí en diante naceu a súa prolífica carreira artística da que deu conta con innumerables anécdotas e debuxos que dende unha pantalla ilustraban os diversos momentos da súa obra.

Ler máis...
 
TERTULIA do IEM: A mediación familiar medra como instituto xurídico e social alternativo ao proceso xudicial. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 18 Xaneiro 2013 22:16

DSC00645

-Contén vídeo completo da TERTULIA do IEM coa profesora Esther González Pillado.

O instituto xurídico da mediación como alternativa á resolución de conflitos a través do proceso xudicial está a dar os seus primeiros pasos en Vigo. Unha ducia de casos resoltos no servizo de Mediación Familiar é o resultado das primeiras semanas deste servizo que asume -a iniciativa do xuíz e por vontade das partes- o desafío de espallar na sociedade galega unha fórmula presentada como máis duradera e barata de atopar acordos. A profesora e titular do devandito servizo, Esther González Pillado, falounos deste instituto dende a súa experiencia no servizo na pasada TERTULIA do IEM, desenvolvida na Aula de Cultura Ponte de Rosas o venres 11 de xaneiro de 2013.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 6