Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Artigos
Skip to content
Artigos
A historia do descubrimento do Universo por Jorge Mira. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 26 Decembro 2011 22:10

{youtube width="250" height="200"}sP_CuhlPexw{/youtube}

Compartimos integramente a conferencia "Que distancia nos separa do firmamento" que brindara o físico e divulgador científico Jorge Mira o pasado 16 de decembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas. O faladoiro, formou parte do ciclo de TERTULIAS do IEM da tempada 2010-2011. Nun clima coloquial e claro, Mira foi narrando as distintas etapas polas que a humanidade foi procesando o seu coñecemento do planeta e do universo, así como as diversas interpretacións da vida e do cosmos que foros xurdindo a consecuencia desto.

 
A evolución do xornalismo en Galicia segundo Xosé Manuel Pereiro. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Martes, 07 Xuño 2011 18:44

{youtube width="250" height="200"}W2Nrqys7BIg{/youtube}

O xornalista Xosé Manuel Pereiro Sánchez fixo un repaso da evolución do periodismo nas últimas décadas, onde salientou os cambios da presentación informativa na televisión, os desafíos que enfronta a prensa escrita e a irrupción da internet na forma de producir e circular a comunicación. Achegamos unha selección do faladoiro e informamos que a versión completa desta como doutras Tertulias, conferencias e faladoiros poden solicitarse na sede do IEM.

 
Vídeo da TERTULIA con Débora Iglesias Rodríguez PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Martes, 10 Maio 2011 23:07

{youtube width="250" height="200"}rzNO244AW_A{/youtube}

 
Vídeo de Araceli Gonda na Tertulia do IEM. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Mércores, 06 Abril 2011 21:11

{youtube width="200" height="160"}zMdTtd7YkRI{/youtube}

O pasado venres 1º de abril tivo lugar unha nova TERTULIA do IEM. Nesta ocasión estivo con nós a guionista, xornalista e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, ARACELI GONDA CABREIRA . A nosa convidada, natural de Morgadáns e colaboradora do IEM na organización e desenvolvemento do Premio de Poesía Victoriano Taibo, foi presentada pola enxeñeira de telecomunicacións, natural de Gondomar Esther Fernández Otero.

Ler máis...
 
O humor de Xosé Lois González "O Carrabouxo" na TERTULIA do IEM. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Luns, 04 Abril 2011 21:06

{youtube width="200" height="160"}40o47wa7yJA{/youtube}

O faladoiro con Xosé Lois González "O Carrabouxo" deixou temas para a reflexións de abondo e tamén momentos inesquecibles polo exquisito humor co que acompañou o seus coñecementos e experiencias. Compartimos algúns intres da TERTULIA celebrada o pasado 11 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 6