Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Artigos
Skip to content
Artigos
Audio Completo da TERTULIA do IEM con Xosé Lois "O Carrabouxo". PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Martes, 15 Marzo 2011 00:24

o-carrabouxo

O pasado venres 11 de marzo, o IEM celebrou unha máis das tradicionais TERTULIAS, esta vez o convidado foi o humarista Xosé Lois "O Carrabouxo".  O falaldoiro tamén contou coa presenza do escritor Alfonso Álvarez Cáccamo, que tivo a seu cargo a presentación do convidado. Deixamos o audio completo da TERTULIA  e o texto da presentación do Carrabouxo feita por Alfonso Álvarez Cáccamo.

Embed Embed this video on your site

 
Xosé González Martínez reflexiona nos xornais galegos a partir da súa TERTULIA no IEM. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Luns, 31 Xaneiro 2011 21:23

crego_gonzalez_manso

O noso convidado no último faladoiro Xosé González Martínez, publicou, en días pasados, unha columna nos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo, tamén recollida polo portal Galicia Dixital, na que reflexiona sobre o faladoiro compartido co público que asistiu á Aula de Cultura Ponte de Rosas o pasado venres 21 de xaneiro.

Ler máis...
 
Audio completo da TERTULIA do IEM con Xosé González Martínez. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Luns, 24 Xaneiro 2011 22:32
crego_gonzalez_manso
Xosé González Martínez deixounos unha exquisita TERTULIA onde a través das lembranzas da súa traxectoria a prol da cultura e a lingua galega, invitou á reflexións das actuais políticas de dinamización e normalización lingüística. Nunha Aula de Cultura Ponte de Rosas chea de xente, o faladoiro foi presentado polos nosos compañeiros Xilberte Manso e mais Xosé García Crego.
Ler máis...
 
Cándido Pazó nas TERTULIAS do IEM PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Sábado, 09 Outubro 2010 15:03

{youtube width="200" height="160"}Ct9MG_bNcEA{/youtube}

A noite do venres 8 de outubro, a Aula de Cultura ponte de Rosas viviu unha xornada de humor e reflexión que tivo como protagonista a Cándido Pazó. A pesar do mal tempo, a sede do Instituto de Estudos Miñoranos viuse chea por un auditorio que gozou dende o comezo coa apertura do novo ciclo de TERTULIAS a cargo de Xilberte Manso (IEM), coa presentación do convidado por parte do Profesor Bieito Legazpi e por suposto coa brillante conferencia que nos obsequiou Cándido Pazó

Pode escoitar o audio completo do faladoiro na nosa páxina en Facebook.

Prema aquí

 
Presentación PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 14 Xullo 2010 21:05
Presentación
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 6