Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Conferencia da artista e educadora interdisciplinaria Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Venres 22 de xuño Ás 20:30h no Auditorio de Nigrán

O vindeiro venres 22 de xuño, ás 20:30 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a conferencia de Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Será presentada por Camiño Noia Campos. Nas breves interpretacións musicais será acompañada polo acordeonista miñorán, Premio Grammy, Roberto Comesaña. Terá lugar no Auditorio de Nigrán.

 

Cristina Pato (Ourense, 1980)

Artista e Educadora Interdisciplinaria.
Membro e Asesora de Educación do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma

Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Cristina Pato é unha gaiteira, pianista, produtora e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, e como “un dos mestres vivos da gaita” polo The Wall Street Journal, a súa vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en máis de 40 gravacións como artista invitada.

 

A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación do Silkroad, e é artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde desenrola proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade.

 

Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Foi a fundadora do festival Galician Connection, e escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia.

 

En 2017 Cristina Pato foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Está en:  Inicio Tertulias Calendario
Skip to content
Calendario
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
1 Luís Villares no segundo faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros” Problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais . Venres 2 de marzo ás 20:30 h. IEM -Sec 2669
2 Ana Pontón no 1º faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros". Problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”. Venres día 16 de febreiro ás 20:30h. IEM -Sec 3607
3 Xoán Doldán fala no IEM sobre a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. IEM -Sec 3661
4 Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres» mércores 13 de decembro ás 20:00H, Ana Ulla Miguel ¨A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan" IEM -Sec 6263
5 Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres» mércores 29 de novembro ás 20:00H Chis Oliveira¨Comando da igualdade, a mocidade implicada" IEM -Sec 6183
6 SUSPENSIÓN DO FALADOIRO DE ADRIANA NOGUEIRA POR MOTIVOS DE SAÚDE. IEM -Sec 5350
7 Ana Pontón nos Faladoiros Galicia 2017-2020: presente e futuros IEM -Sec 809
8 Presentación en rolda de prensa Faladoiros IEM " Galicia 2017-2020" IEM -Sec 541
9 Presentación en rolda de prensa Faladoiros IEM " Galicia 2017-2020: presente e futuros" IEM -Sec 985
10 Xornada informativa - A accesibilidade é cousa de todos. Venres 29 as 20.30h na sede do IEM IEM -Sec 785
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
Páxina 1 de 6