Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Presentación en rolda de prensa Faladoiros IEM " Galicia 2017-2020: presente e futuros"
Skip to content
Presentación en rolda de prensa Faladoiros IEM " Galicia 2017-2020: presente e futuros" PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 08 Xaneiro 2017 14:10
070608_d3817317d6174869a6b6541d9ee7d63dmv2

O Instituto de Estudos Miñoráns presentou en rolda de prensa este pasado xoves 5 de xaneiro, os faladoiros deste ano que comezan co ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, que contarán cos portavoces parlamentarios das catro forzas políticas representadas na actualidade no Parlamento de Galicia.