Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres» mércores 29 de novembro ás 20:00H Chis Oliveira¨Comando da igualdade, a mocidade implicada"
Skip to content
Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres» mércores 29 de novembro ás 20:00H Chis Oliveira¨Comando da igualdade, a mocidade implicada" PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 25 Novembro 2017 13:10
chis oliveira 3

O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá o vindeiro mércores 29 de novembro ás 20:00H, o faladoiro ¨Comando da igualdade, a mocidade implicada" por Chis Oliveira, doutora en Filosofía, dentro do ciclo Presenza das mulleres.

Será presentada por Pilar Vázquez Fouce, diplomada universitaria en Enfermería e membro do IEM.
O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.