Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Faladoiros Galicia 2017-2020. Presente e Futuros. Problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Iniciativas Empresariais.
Skip to content
Faladoiros Galicia 2017-2020. Presente e Futuros. Problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Iniciativas Empresariais. PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 14 Febreiro 2018 00:31
5a7c2201620a0-catro

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) presenta o primeiro faladoiro 2018 este venres 16 de febreiro no que intervirá a portavoz do BNG, Ana Pontón.
Os faladoiros centraranse en cuestións relacionadas co territorio, respecto ao recollido na Lei de montes e a Lei de fomento da implantación das iniciativas empresariais, na que cada poñente ofrecerá a súa visión sobre o tema proposto.
Nos faladoiros actuarán como presentador Xulian Maure Rivas, director do IEM e como moderador David Reinero, xornalista de Praza Pública.
Os faladoiros terán lugar ás 20.30 horas na sede do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10, Gondomar.