Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Cándido Pazó inaugura un novo ciclo de Tertulias do IEM (2010-2011)
Skip to content
Cándido Pazó inaugura un novo ciclo de Tertulias do IEM (2010-2011) PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Venres, 01 Outubro 2010 22:42
Candido_Paz

O próximo venres 8 de outubro, as 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Cándido Pazó inaugura o novo ciclo de Tertulias do IEM (2010-2011). O coñecido artista será presentado pola profesora María Xosé González Chamorro.

Como é tradicional ao finalizar a Tertulia haberá unha cea co noso convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, para asistir á mesma é necesario facer reserva polo que os/as interesados/as podedes facelo nos teléfonos 680 644 490 ou 986 360 575

 

Cándido Pazó González, nado en Coruxo en 1960, é autor, director de escena, narrador oral, e actor galego.

Comeza a súa actividade como actor en 1975, vinculándose ao nacente movemento teatral da súa cidade e da Galiza, sendo un dos "benxamíns" das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra de Ribadavia. Foi membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traballando en tódolos seus espectáculos ata a disolución desta en 1983.

Complementou o seu autodidactismo cunha formación por medio de pequenos cursos e seminarios. Asistiu ás clases de Philippe Gaulier en París. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no CDG e de axudante de dirección (Eduardo Alonso en teatro; Octavio Gómez, Manuel Gómez Pereira, García Sánchez ou Miguel Gato en cine). Debutou como autor e director de escena con compañía propia, Tranvía Teatro en1989 coa peza O melro branco.

A partir de entón escribe, dirixe ou fai adaptacións para varias compañías, especialmente Ollomoltranvía (resultado da fusión da súa compañía con Ollomol en1993) pero tamén en Teatro do Malbarate, Teatro do Xalgarete, Títeres Tanxarina, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Talía Teatro, CDG ou Teatro de Adro.

Está presente, con relatorios e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego coma o Teatragal ou a Comisión Técnica de Teatro da Ponencia de Teatro e Música do Concello da Cultura Galega. Foi parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Marathon Europea de Creación Teatral, proxecto de escritura dramática dentro do programa cultural Bruxelas 2000.

É, ademais, guionista para televisión (A Familia Pita, Pratos Combinados, Mareas Vivas) e dedícase tamén á narración oral, actividade emerxente hoxe en día na Galicia e pola que se sente especialmente seducido, estando presente en numerosos festivais e programacións de Europa e América Latina.