Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Tertulias Calendario AS TERTULIAS DO IEM 2010-2011
Skip to content

Relacionados

AS TERTULIAS DO IEM 2010-2011 PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Luns, 04 Outubro 2010 23:08
as-tertulias
Download this file (cartel tertulias 2010.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Este noveno ciclo consecutivo dará comezo o próximo venres 8 de outubro. Como é costume os faladoiros terán lugar preferentemente o primeiro venres de cada mes, dende outubro a xuño, e comezarán ás 20:30h. Terán lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, sita na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).

Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Este novo ciclo será diverso na súa temática e abranguerá dende a literatura dramática (Candido Pazó) ata o desxeo dos casquetes polares (Debora Iglesias-Rodríguez), pasando pola normalización da lingua (Xosé González Martínez), o Humor Gráfico ("Xosé Lois O Carrabouxo"), a historia (Xusto Beramendi), a relixión (Victorino Pérez Prieto) o xornalismo e o guión televisivo (Xosé Manuel Pereiro, Araceli Gonda) ou a música cos membros de Berrogüeto. Coidamos que esta multiplicidade temática é o atractivo deste novo ciclo de faladoiros.

Achegamos para descargar o calendario.

Attachments:
cartel tertulias 2010.pdf[ ]781 Kb