Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size
Está en:  Inicio Tertulias Calendario Victorino Pérez Prieto na próxima TERTULIA do IEM
Skip to content
Victorino Pérez Prieto na próxima TERTULIA do IEM PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Luns, 31 Xaneiro 2011 22:04
victorino_perez_prieto
O próximo venres 4 defebreiro teremos unha nova TERTULIA doO IEM. Neste ocasión estará con nós o teólogo,Victorino Pérez Prieto que será presentado polo crego salesiano Xabier Blanco. Como sabedes o faladoiro dará comezo ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar).
Ao remate do faladoiro haberá como de costume unha cea co noso convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, para asistir á mesma é necesario facer reserva polo que os/as interesados/as podedes facelo en resposta a este correo ou ben no 986 360 575 (polas tardes) ou no 680 644 490.
O tema que desenvolvera o noso convidado será "O Movemento Cristián Galego. Unha Igrexa que existe e resiste" que desenvolverá segundo o seguinte esquema:
I. Unha ollada ao pasado distante e recente
Prisciliano (s.IV), o Mestre Mateo (s.XII-XIII), o P.Feijoo, o P.Sarmiento e o Cura de Fruime (s. XVII-XVIII)... Rosalía, Pondal e Curros Enriquez; Lago González... Otero Pedrayo, Vicente M. Risco, Florentino Cuevillas, Castelao... Ramón Cabanillas, Losada Diéguez... Álvaro Cunqueiro e Xosé M Díaz Castro.
II. A realidade presente.
A pesar da falla de compromiso coa terra galega e co pobo galego, hai unha longa nómina de clérigos e leigos ilustres, cristiáns e galeguistas:
1) Un bispo, algúns curas, frades e monxas: Miguel Anxo Araújo, Xaime Seixas, Xosé Isorna e Manuel Espiña... intelectuais como Torres Queiruga, Chao Rego, Xulio Andión, Xosé Alvilares, Marcial Gondar, Uxío Romero Pose... Os curas de IRIMIA Xosé A. Miguélez, Manolo Regal, A. Blanco Torrado, X.M. Carballo... curas nas organizacións nacionalistas e no mundo obreiro como Moncho Valcarce, Francisco Carballo... E Unha longa nómina de curas comprometidos no galeguismo, F. Lorenzo Mariño, Miguel Fernández Grande, Nicanor Rielo Carballo, Xesús Mato... e outros máis novos como Rubén Aramburu.
2) Leigos na cultura e no nacionalismo de dereitas e de esquerdas hoxe: Manolo Beiras, Xaime Illa, Domingo Fdez. del Riego, A. Zulueta, Quico Dominguez... Homes e mulleres cristiáns no nacionalismo, no movemento ecoloxista, pacifista e de cooperación co Terceiro Mundo, no movemento veciñal e nas Asociacións Culturais, nas Comunidades Cristiás de Base... Académicos como Xesús Ferro Ruibal e Luz Pozo Garza, poetas como Helena Villar Janeiro e Marica Campo, profesionais do sensino como Manuel Dourado, Lois Ferradás, Tereixa Ledo...
Para máis información podedes consultar a páxina da AELG, na da "Biblioteca Cultural Galega", e máis completa na páxina de "Galegos"