Tertulias do IEM 2009 Imprimir

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 27 Outubro 2009 01:00
Adiantamos o programa do novo ciclo de faladoiros do IEM, as tradicionais TERTULIAS DO IEM. Este ano cambian de lugar xa que serán na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 Baixo, Gondomar; máis a cea posterior, co convidado/a será coma sempre no Pazo da Escola de Mañufe.

Tertulias

6 de novembro
María do Cebreiro Rábade Villar Poeta. Profesora U. de Santiago
Presenta: Anxo M. Rodríguez Ratel Estudante de Filoloxía e poeta

11 de decembro
Teresa Táboas Veleiro Arquitecta. Deputada no Parlamento Galego
Presenta: Moisés Táboas Estudante de Arquitectura

15 de xaneiro
Bieito Iglesias Araúxo Escritor. Profesor
Presenta: Carlos Méixome Quinteiro Director do IEM. Profesor

5 de febreiro
Albino Prada Blanco Profesor de Economía Aplicada da U. de Vigo
Presenta: Xosé Manuel García Crego Técnico Editorial

5 de marzo
Luís Liz Marzán Catedrático de Química Física da U. de Vigo
Presenta: Bruno Centelles García Profesor. Xunta de Goberno do IEM

9 de abril
Belén Regueira Leal Xornalista da Radio Galega
Presenta: David Reinero González Xornalista de Xornal de Galicia

7 de maio
J. Carlos Bermejo Barrera Catedrático de Historia Antiga da U. de Santiago
Presenta: Xosé Lois Vilar Pedreira Foiteiro. Arqueólogo. Subdirector do IEM

3 de xuño
Fermín Bouza Álvarez Catedrático de Socioloxía da U. Complutense de Madrid
Presenta: Xulián Maure Rivas Profesor e escritor. Xunta de Goberno do IEM