Tertulias do IEM con María do Cebreiro Rábade Imprimir

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Venres, 06 Novembro 2009 01:00
María do Cebreiro
O próximo venres 6 de novembro dará comezo o novo ciclo de Tertulias do IEM. Nesta ocasión estará con nós a poeta e profesora MARÍA DO CEBREIRO RÁBADE

VILLAR qye será presentado polo tamén poeta e estudante de Filoloxía Anxo M. Rodíguez Ratel.

Como sempre o faladoiro dará comezo ás 20:30h. pero nesta ocasión será na AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar).

Ao remate haberá unha cea coa nosa convidade que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, para asistir á mesma é necesario facer reserva polo que os/as interesados/as podedes facelo en resposta a este correo ou ben no 680 644 490