Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Tertulia con Bieito Iglesias
Skip to content
Tertulia con Bieito Iglesias PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 11 Xaneiro 2010 21:00
Bieito Iglesias

Co novo ano continúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión estará con nós o escritor Bieito Iglesias Araúxo, nado en Ourense o 8 de xaneiro  de 1957. Licenciado en Historia e profesor de Lingua e Literatura Galega que será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome.

Como sabedes o faladoiro dará comezo ás 20:30h. e nesta ocasión, como todo ciclo, terá lugar na AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar). Ao remate haberá do faladoiro haberá unha cea coa nosa convidade que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, para asistir á mesma é necesario facer reserva polo que os/as interesados/as podedes facelo en resposta a este correo ou ben no 680 644 490

 
O autor exerce de cazador de bolboretas, de efémeras actualidades que os lectores poden atopar desecadas nas columnas de A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial, Galicia Internacional, Tempos Novos... Tamén é responsable da dobraxe ó galego de certas voces victorianas: Biblioteca Sherlock Holmes (1995-1997, nove tomos). Todo isto a partir dos 30 anos. Antes estivo moi ocupado en nacer e criarse nos bairros ourensás de Quintián e A Chavasqueira, ó pé do Miño, dos ciganos, dos labregos transplantados dos Chaos de Amoeiro e de Brunilda (nome co que se coñece o virus da poliomelite). Entre os cinco e os once anos morou nos lugares de Pol e Figueiredo -Concello de Coles-, onde o deixaron, a cargo dos avós, os pais emigrantes. Alí recompilou un arsenal de anécdotas e aprendeu o dialecto no que, basicamente, escribe. Entrou en contacto serodio coa literatura galega. Ás dazasete primaveras só tiña lido unha obra en vernáculo, a lenda estampada nun cinseiro: /Amigo que non dá e coitelo que non corta, pouco importa/. Esa experiencia non o converteu en literato da noite prá mañá. Dedicou aínda tres lustros á independencia de Galiza e a revolución socialista, a conquistar unha muller e gañar a vida. Contra a norma xeral, nunca cambiou de partido nin de compañeira, e si de lealdade futbolística, oficiando de infante merengue, e de blaugrana ó nacerlle a moa do xuízo.
Polo de agora a súa bibliografía máis salientable é a que segue: /Luanda/, relato premiado no certame de narraciós breves "Modesto R. Figueiredo" (1988); /Aventura en Nassau/ (Ed. Xerais, 1991, ISBN: 84-7507-563-0), relatos do desexo contrariado; /Vento de seda/ (Ed. Xerais, 1992, ISBN: 84-7507-665-3), novela da memoria ferida; /Miss Ourense/ (Ed. Galaxia, 1994, ISBN: 84-7154-898-2), relatos policiais; /Conta os latidos/ (Ed. Nigra, 1995, ISBN: 84-87709-33-8), nouvelle sobre o turismo e outros regocixos; /No sabía que doía tanto/, narración incluída na Antoloxía do Conto Galego de Medo (Ed. Galaxia, 1996, ISBN: 84-8288-035-7); /Bajo las más bellas estrellas/ (Ed. Algaida, 2000, ISBN: 84-7647-835-6), Premio Ciudad de Salamanca, romance explorador do pasado como país estranxeiro; /A noite das cabras do aire/ (Ed. Xerais, 1999, ISBN: 84-8302-463-2), Premio Merlín de literatura infantil 1999;/ O mellor francés de Barcelona/ (Ed. Galaxia, 2000, ISBN: 84-8288-287-2), Premio da Crítica 2001; /A vida apoteósica/ (Ed. Xerais, 2001, ISBN: 84-8302-643-0), novela sensacionalista de sexo, violencia e misantropía, de humor e vidas enganadas; /A historia escríbese de noite/ (Ed. Galaxia, 2001, ISBN: 84-8288-469-7), Premio García Barros da Estrada, 2001, romance encol do amor sacro e o amor profano. Nos últimos anos publicou /Amor e música lixeira /, 2004 (relatos); /Barcos a pique /, 2005 (xornalismo) e /Pan e coitelo /, 2008 (novela)

*Autopoética*

A obra bieitina versa -faltaría máis- sobre os grandes temas: a política, o diñeiro, o sexo, a vida e a morte. Pero tamén furga en pequenos enigmas: ¿Desde cando se comercializan as xardas en conserva? ¿Quen matou a Kennedy? ¿Como é que Orson Welles lle regalou unha piscina chea de colonia a Rita Hayworth? ¿Acaso non sabía que a colonia proe naquel sitio?
Este menda non cre na literatura, na política nin na sorte. Así e todo escribe, vota e bota quinielas.