Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Tertulia con Belén Regueira
Skip to content
Tertulia con Belén Regueira PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Xoves, 08 Abril 2010 02:55
Belen_Regueira2
Amigos e amigas do IEM, continúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión, *venres 9 de abril de 2010*, estará con nós a xornalista *Belén Regueira Leal* que será presentada polo tamén xornalista, redactor de /Xornal de Galicia/ e premio de xornalismo Nano Cambeiro (2005), *David Reinero González*.

Belén Regueira Leal, licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou o seu contacto cos medios de comunicación presentando un programa de entrevistas e música chamado "Chambo" (1997). De aí pasou aos servizos informativos da Televisión de Galicia, onde presentou telexornais en distintas franxas horarias.

En 2005 comeza a presentar na Radio Galega o magacine da fin de semana, chamado "Extrarradio", e en 2008, sen abandonar a radio, regresa á televisión para presentar "O país dos ananos", un programa onde inteveñen nenos de toda Galicia falando de todo tipo de temas. Este traballo valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora do ano 2008.

Desde mediados de 2009, coincidindo coa restruturación da programación da Radio Galega e da TVG, suprimiuse o espazo "Extrarradio" e desde aquela Belén Regueira realiza tarefas de redacción no magacine "Galicia por Diante" da Radio Galega. Tamén colabora periodicamente no semanario /A Nosa Terra/.

Achegamos unha imaxe. No enlace podedes vela e escoitala cando recibiu o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora do 2008.

http://www.youtube.com/watch?v=NYH_Pltivpo

Como sabedes o faladoiro dará comezo ás 20:30h. na AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar).

Ao remate do faladoiro haberá unha cea coa nosa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe. Para asistir á mesma é necesario facer reserva, polo que os/as interesados/as podedes facelo en resposta a este correo ou ben no 680 644 490

Saúdos