Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros. Martes 17 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro martes 17 de xullo ás 18:30h terá lugar a cuarta xeira de verán polo concello de Nigrán (Parada) Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos.

O punto de encontro será na Igrexa de Santiago de Parada de Miñor:

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Rosalía de Castro choraba co seu maxín, plasmado na súa obra Cantares Gallegos, as nostálxicas campás de Bastavales que atronaban co seu tocar o ceo do Val da Maía. Eran as campás un dos elementos sonoros que cada un levaba consigo no seu pensar xunto ás cantigas e pezas musicais aprendidas dende a nenez, rexedoras dun mundo daquela sen a sofisticada tecnoloxía actual pero ben regulado por un tocar encargado de marcar as horas de traballo, anunciar nacementos, casamentos, mortes, festas ou quizáis afastar as temerosas treboadas da comunidade. Modernas maquinarias a base de mazos electrónicos substitúen, aos poucos nas nosas parroquiais, ás mans daquelas persoas encargadas de facer falar as campás. Seguindo ás xornadas iniciadas no ano 2007 pola Asociación Cultural Os Chichisos de Pontevedra, o Instituto de Estudos Miñoráns iniciou en 2015 un certame na vila de Baiona chamado a continuar polas igrexas do Val de Miñor co fin de recoller, da man dos seus campaneiros, aqueles toques antigos en vías de desaparecer para sempre. Este ano serán dúas as campás, do século XIX e XX, as que, dende a igrexa parroquial de Santiago de Parada de Miñor, serán tocadas por Esther Nande Figueroa, sancristana e campaneira do lugar do Sobreiro, a partir das 18:30 na cuarta xeira do IEM.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Tertulia con J. Carlos Bermejo Barrera
Skip to content
Tertulia con J. Carlos Bermejo Barrera PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Venres, 14 Maio 2010 11:09

Unha nova TERTULIA DO IEM terá lugar o próximo venres 14 de maio. Nesta ocasión estará con nós o catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela J. Carlos Bermejo Barrera que será presentado polo arqueólogo e vicedirector do Instituto de Estudos Miñoranos Xosé Lois Vilar Pedreira.


 

O profesor Bermejo Barrera, licenciouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela en Xuño de 1974 coa tese de licenciatura “Algunos aspectos de la concepción de la naturaleza y la cultura en la mitología griega. Análisis estructural”, ca cualificación de Sobresaliente e Premio Extraordinario Fin de Carreira. Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en Xuño de 1977 coa tese “Mito, parentesco e Historia en la Grecia Arcaica” coa cualificación de Sobresaliente cum Laude e Premio Extraordinario de Doutorado. Foi bolseiro de investigación no curso 1975-76 na Ecole Pratique des Hautes Etudes, V Section: Sciences religieuses (París), bajo la dirección del profesor Marcel Detienne.

Dende 1992 é catedrático de Historia Antiga da USC. Entre a súa abundante obra salientamos:

  • /La fragilidad de los sabios y el fin del pensamiento/, Ediciones Akal, Madrid, 2009, págs. 103.
  • /Sociedade e relixión na Galicia antiga/, Lóstrego, Santiago 2008, págs. 190.
  • /¿Para que serve a Historia de Galicia?/, Lóstrego, Santiago 2007, págs. 183.
  • /La Aurora de los enanos: decadencia y caída de las universidades europeas/, Ediciones FOCA, Madrid 2007, págs. 143.
  • /Moscas en una botella: cómo dominar a la gente con palabras/, Ediciones Akal, Madrid 2007, págs. 143.
  • /O Valor da Arqueoloxía/, (en colaboración con Mar Llinares) Lóstrego, Santiago de Compostela 2006, págs 197.
  • /Ciencia, Ideología y Mercado/, Ediciones Akal, Madrid 2006, págs. 79
  • /Sobre la Historia considerada como poesía/, Ediciones Akal, Madrid 2005, págs. 73.
  • /¿Qué es la Historia Teórica?/, Ediciones Akal, Madrid 2004, págs 223.
  • / Lecturas del Mito Griego/, ( en colaboración con Fátima Diez Platas). Ediciones Akal, Madrid 2002, págs 339.
  • /Pensa-la Historia. Ensaios de Historia Teórica/, Edicions Ir-Indo,Vigo, 2000, págs.345.
  • /Genealogía de la historia. Ensayos de historia teórica III/. (en colaboración con Pedro A. Piedras Monroy) Ediciones Akal, Madrid, 1999.
  • /Los orígenes de la mitología griega/, ( en colaboración con Javier González García, Susana Reboreda Morillo). Ediciones Akal, Madrid, 1996.
  • /Grecia arcaica. La mitología/, Ediciones Akal, Madrid, 1996.
  • /Entre historia y filosofía/, Ediciones Akal, Madrid, 1994.
  • /Fundamentación lógica de la historia. Introducción a la historia teórica/, Ediciones Akal, Madrid, 1991, 97 páginas.
  • /Replanteamiento de la Historia. Ensayos de Historia Teórica II/, Ediciones Akal, Madrid, 1989, 210 páginas.
  • /El Mito griego y sus interpretaciones/, Ediciones Akal, Madrid, 1988, 60 páginas.
  • /La Edad del Bronce en el Egeo/, Ediciones Akal, Madrid, 1988, 60 páginas. El final de la Historia.
  • /Ensayos de Historia Teórica/, Ediciones Akal, Madrid, 1987, 280 páginas.
  • /Mitología y mitos de la Hispania prerromana II/, Editorial Akal, Madrid, 1986, 276 páginas.
  • /O Final da Historia: Ensaio de Historia Teórica/, Edicións Xerais de Galicia: Vigo, 1986, 173 páginas.
  • /Psicoanálisis del conocimiento histórico/, Editorial Akal: Madrid, 1983, 180 páginas.
  • /Psicoanálise do coñecemento histórico/, Edicións do Castro: Sada-A Coruña, 1982, 151 páginas.
  • /Galicia y los Griegos/, Sálvora: Santiago de Compostela, 1982, 68 páginas.
  • /Mitología y mitos de la Hispania Prerromana/, Editorial Akal: Madrid, 1982, 237 páginas.
  • /Mito y parentesco en la Grecia Arcaica/, Editorial Akal, Madrid, 1980, 234 páginas.
  • /Introducción a la Sociología del Mito Griego/, Ediciones Akal, Madrid, 1979, 196 páginas.
  • /La sociedad en la Galicia Castreña/, Santiago de Compostela, Follas Novas, 1978, 119 páginas.

Ten publicado ademais centos de artigos en diversos medios de comunicación e revistas especializadas

Como é costume o faladoiro dará comezo ás 20:30h. na AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar) e a asistencia é libre.

Ao remate do mesmo haberá unha cea co noso convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe. Para asistir á mesma é necesario facer reserva, polo que os/as interesados/as poden facelo no 986 36 05 75 ou ben no 680 644 490 ou ben en resposta a este correo