Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Fermín Bouza Álvarez pon o ramo ás Tertulias do IEM deste curso
Skip to content
Fermín Bouza Álvarez pon o ramo ás Tertulias do IEM deste curso PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Mércores, 09 Xuño 2010 09:32
A última das TERTULIA DO IEM deste cursos terá lugar o próximo venres 11 de xuño. Para rematar o ciclo estará con nós o catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid *Fermín Bouza Álvarez*. A súa charla leva por título */Galicia de perto e de lonxe/. O noso convidado será presentado polo profesor Manuel Sanseveriano. Fermín Bouza Álvarez é unha vítima da diáspora galega da década dos sesenta, unha afirmación que el mesmo asume cando afirma : «Pecháronnos as portas dos traballos e tivemos que marchar». Como consecuencia desta emigración forzosa, Bouza Álvarez asentouse profesionalmente en Madrid como catedrático da Universidade Complutense.

E no mundo das novas tecnoloxías e da comunicación multimedia, o feito que este autor dispoña do blog *El voto con botas* (escrito en castelán) e no que fai unha defensa a ultranza de Galicia e do galego, foi considerado como exemplo de «compromiso co país» cando lle concederon hai uns días o Pedrón de Ouro en defensa da lingua galega.

A súa extensa obra como sociólogo podédela consultar en http://dialnet.unirioja.es/servlet/extaut?codigo=5197

É tamén autor dunha importante obra de creación en galego:

·  /Memoria do Diaño/, 1980 (novela en galego)

·  /O tempo na auga/, 1985 (poemario en galego)

·  /Longo voo de paxaro/, 1987 (narrativa en galego)

·  /Labirinto de inverno/, 1990 (poemario en galego

Podedes consultar máis información sobre o noso convidado en

*http://www.anosaterra.org/nova/fermin-bouza-os-medios-foron-decisivos-no-resultado-do-1-m-.html

*http://revistas.ucm.es/fll/11389664/articulos/MADR0909110223A.PDF

*http://revistas.ucm.es/fll/11399368/articulos/THEL0303120234A.PDF

E non deixedes de visitar o seu blog* http://votoconbotas.trincheradigital.com/ e ler as súas atinadas observacións sociolóxicas, políticas e culturais sobre o noso país

Como é costume o faladoiro dará comezo ás 20:30h. na AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar) e a asistencia é libre.

Ao remate do mesmo haberá unha cea co noso convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe. Para asistir á mesma é necesario facer reserva, polo que os/as interesados/as poden facelo no 986 36 05 75 (polas tardes) ou ben no 680 644 490 ou ben en resposta a este correo