Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario TERTULIA con Ofelia Rey Castelao " Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna"
Skip to content
TERTULIA con Ofelia Rey Castelao " Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna" PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 14 Febreiro 2012 02:08
ofelia_rey_castelao

Este venres, 17 de febreiro, TERTULIA do IEM coa catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Ofelia Rey Castelao, recentemente distinguida co premio María Josefa Wonenburger 2011, que concede a Unidade Muller e Ciencia de Galicia. O faladoiro terá por título "Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna". A profesora Ofelia Rey Castelao será presentada por Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo, membro da Xunta de Goberno do IEM.

Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 17 de febreiro de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no  680 644 4 90 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Ofelia Rey Castelao: É Catedrática de Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Directora da revista Obradoiro de Historia Moderna (1990-2005). Responsable para a Europa Mediterránea da International Commision of Historical Demography. Foi Directeur d'études en Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales en París nos anos 2004-2005. Dirixe desde 1992 doce proxectos de investigación de ámbito estatal e internacional. É autora de doce libros e de más de cen artigos sobre diversos temas -demografía histórica, historia rural, historia social-, nos últimos anos dedícase á historia cultural e en especial ao estudo dos condutos de difusión da cultura.

Bibliografía:

2009 - Historia das Mulleres en Galicia (Ofelia Rey Castelao, Serrana M. Rial García)(Editorial Nigratea, Vigo)

2006 - Os mitos do apóstolo Santiago (Ofelia Rey Castelao) (Nigratea, Vigo)

2003 - Libros e lectura en Galicia (Ofelia Rey Castelao) (Xunta de Galicia)

2002 - Textos Clásicos sobre a historia de Galicia (Ofelia Rey Castelao) (MAPFRE)

1999 - Historia crítica de los falsos cronicones (José Godoy Alcántara, Ofelia Rey Castelao) (Universidad de Granada)

1998 - A Galicia clásica e barroca (Ofelia Rey Castelao) (Galaxia, Vigo)

1998 - Pobres, peregrinos e enfermos. A rede asistencial galega no antigo réxime (Baudilio Barreiro Mallón, Ofelia Rey Castelao) (Nigratea, Vigo)

1995 - Montes e política forestal na Galicia do antigo réxime (Ofelia Rey Castelao)  (Universidade de Santiago de Compostela)

1992 - Los Gallegos y América (Antonio Eiras Roel, Ofelia Rey Castelao) (MAPFRE)

1992 - Poder e privilexios na Europa do século XVIII (Ofelia Rey Castelao) (Síntesis)

1985 - A historiografía do Voto de Santiago. Recompilación crítica dunha polémica histórica (Ofelia Rey Castelao) (Universidade de Santiago de Compostela)

1981 - Aproximación á historia rural na comarca da Ulla (Ofelia Rey Catelao) (Universidade de Santiago de Compostela.