Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario "Mulleres na guerrilla antifranquista galega" Tertulia do IEM coa profesora Aurora Marco
Skip to content
"Mulleres na guerrilla antifranquista galega" Tertulia do IEM coa profesora Aurora Marco PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Mércores, 07 Marzo 2012 22:12
Aurora

Este venres, 9 de marzo, TERTULIA do IEM con Aurora Marco,  catedrática de Lingua e Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación da USC. É presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.

O faladoiro enmarcase dentro do ciclo "Mulleres na Historia" que o IEM, en colaboración coa Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura", organiza ao longo de todo o mes de marzo. A nosa convidada será presentada pola profesora Pilar Barreiro, membro da Xunta de Goberno do IEM.

Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 17 de febreiro de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no  680 644 4 90 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Aurora Marco naceu en Teruel. Licenciada en Filoloxía pola USC, pola que é doutora e na que é catedrática de Lingua e Literatura Galega. Ten desenvolvido unha ampla labor na edición crítica de obras de López Ferreiro,  Otero Pedrayo, Tomás Barros, Avilés de Taramancos..., publicacións diversas sobre Literatura Galega e Didáctica da Lingua. Traballou con intensidade sobre as mulleres escritoras en As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936) (1993); Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras, (2002), Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975 (2007). En 2011 publicou Mulleres na guerrilla antifranquista galega, obra que centrará a súa atención neste faladoiro. Nesta crónica das mulleres silenciadas porque foron obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectas ao novo réxime e pola súa condición feminina.  Coa represión, que se xeneralizou coa vitoria dos sublevados en 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquista foron asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas, recluídas en campos de concentración; tiveron que partir cara ao exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou viviron un exilio interior.