Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size
Está en:  Inicio Tertulias Calendario TERTULIA "A Física de Partículas e como entendemos a materia", con Cibrán Santamarina.
Skip to content
TERTULIA "A Física de Partículas e como entendemos a materia", con Cibrán Santamarina. PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 24 Abril 2012 23:34
Cibran_Santamarina

A Charla de Cibrán Santamarina titúlase "A Física de Partículas e como entendemos a materia". O convidado (posuidor dun amplo currículum científico ) participou entre outros nos experimentos DIRAC e ATLAS desenvolvidos polo Centro Europeo de Investigacións Nucleares (CERN).Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 27 de abril de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no  680644490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Cibrán Santamarina: Nado en Compostela (21-Abril-1972), comezou a carreira en 1990 e licenciouse en Física en 1995 pola USC, na especialidade "Física Fundamental". Continuou os estudos de post graduado facendo "Física de partículas" no experimento DIRAC do CERN (Centro Europeo de Investigacións Nucleares, o maior  laboratorio mundial de investigación en física de partículas). Acadou o Premio extraordinario de licenciatura na modalidade grao, coa tesiña "A Física dos Átomos Piónicos" en xullo de 1997. En  abril de 2001 obtivo o título de Doutor co traballo "Determinación do tempo de vida media do Átomo Piónico no Experimento DIRAC do CERN". Posteriormente foi contratado pola Universidade de Basilea como Asociado de Investigación entre setembro de 2001 e febreiro do 2004. Nese intre deixou o experimento DIRAC e paso a traballar no experimento ATLAS (tamén do CERN). Entre marzo de 2004 e maio de 2006 participou do Research Fellow do CERN, Laboratorio Europeo de Física de Partículas (Xenebra). En Xuño do 2006 pasou a traballar para a McGill University en Montreal (Quebec). A onde mudou, aínda que seguiu participando do experimento ATLAS. Alí ficou ata finais de xuño do 2010. En outubro de 2010 traballou para a empresa Safe Engeneering and Services Ltd. en Laval, Quebec, no ámbito da tecnoloxía electromagnética. En xaneiro de 2011 volveu a Santiago como  Investigador Posdoutoral do "Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas y Nuclear" (CPAN) na Universidade de Santiago de Compostela e cambiou de experimento para traballar coa colaboración LHCb, tamén do CERN. En xullo do mesmo ano é nomeado "Investigador Parga Pondal", e concédenlle un contrato "Marie Curie-Welcome II" para traballar no Laboratorio de Instrumentação e Física Experimental de Partículas de Lisboa ao que renuncia. Dende o decembro de 2011 é Profesor Contratado Doutor da Universidade de Santiago de Compostela no Departamento de Física de Partículas, area de Física Atómica Molecular e Nuclear.

Publicacións e outras actividades científicas:

- Autor de 229 artigos nas tres colaboracións das que ten participado cun índice h de 32 (segundo o buscador inspires).

-Investigador invitado no "Instituto Unificado de Investigación Nuclear" (Dubna-Rusia), na Universidade Nacional de La Plata (La Plata Arxentina) e no Laboratorio de Instrumentação e Física Experimental de Partículas-LIP (Lisboa-Portugal).