Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Carlos Casares no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o 17 de maio ás 19:30h.

Cartel divulgativo do evento da autoría de Fino Lorenzo.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Tertulia do IEM: "A alimentación e os seus problemas"co doutor Fernando Ferrón
Skip to content
Tertulia do IEM: "A alimentación e os seus problemas"co doutor Fernando Ferrón PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 29 Maio 2012 09:13
fernando_ferron


-Este venres, 1 de xuño, TERTULIA do IEM co doutor FERNANDO FERRÓN VIDÁN especialista en endocrinoloxía.
Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 1º de xuño de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea co noso convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
O noso convidado será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM Xosé Ramón García Martínez.
Fernando Ferrón Vidán, Licenciado en Medicina e Ciruxía pola USC, especializouse en Medicina Interna no Hospital Xeral de Vigo e doutorouse co traballo "Niveles de leptina durante la realimentación de pacientes anoréxicas, su correlación con la cantidad de grasa corporal y el BMI y su influencia en la aparición del ciclo menstrual".
Socio fundador da Sociedade de Nutrición e dietética de Galicia e da Sociedade Galega de Medicina Interna. Foi responsable de Nutrición e Dietética do Hospital de Conxo e puxo en marcha a Unidade de trastornos alimentarios deste mesmo Hospital.
Fundador, organizador e coordinador da unidade de trastornos alimentarios do Hospital Policlínico La Rosaleda de Santiago de Compostela, única unidade multidisciplinar privada que funciona actualmente en Galicia.
en publicado traballos sobre endocrinoloxía en diversas revistas internacionais así como participado con relatorios en gran número de congresos.