Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros. Martes 17 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro martes 17 de xullo ás 18:30h terá lugar a cuarta xeira de verán polo concello de Nigrán (Parada) Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos.

O punto de encontro será na Igrexa de Santiago de Parada de Miñor:

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Rosalía de Castro choraba co seu maxín, plasmado na súa obra Cantares Gallegos, as nostálxicas campás de Bastavales que atronaban co seu tocar o ceo do Val da Maía. Eran as campás un dos elementos sonoros que cada un levaba consigo no seu pensar xunto ás cantigas e pezas musicais aprendidas dende a nenez, rexedoras dun mundo daquela sen a sofisticada tecnoloxía actual pero ben regulado por un tocar encargado de marcar as horas de traballo, anunciar nacementos, casamentos, mortes, festas ou quizáis afastar as temerosas treboadas da comunidade. Modernas maquinarias a base de mazos electrónicos substitúen, aos poucos nas nosas parroquiais, ás mans daquelas persoas encargadas de facer falar as campás. Seguindo ás xornadas iniciadas no ano 2007 pola Asociación Cultural Os Chichisos de Pontevedra, o Instituto de Estudos Miñoráns iniciou en 2015 un certame na vila de Baiona chamado a continuar polas igrexas do Val de Miñor co fin de recoller, da man dos seus campaneiros, aqueles toques antigos en vías de desaparecer para sempre. Este ano serán dúas as campás, do século XIX e XX, as que, dende a igrexa parroquial de Santiago de Parada de Miñor, serán tocadas por Esther Nande Figueroa, sancristana e campaneira do lugar do Sobreiro, a partir das 18:30 na cuarta xeira do IEM.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario Comeza a 11ª tempada das TERTULIAS do IEM (2012 - 2013).
Skip to content
Comeza a 11ª tempada das TERTULIAS do IEM (2012 - 2013). PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 06 Novembro 2012 01:10
aula-ponte-de-rosas-1

- O primeiro dos faladoiros terá lugar o vindeiro venres 9 de novembro coa presenza do atleta Francisco Javier Gómez Noia e o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva.
Este mes de novembro dará comezo a onceava tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM. Unha vez mais o novo ciclo será diverso na súa temática e terá como novidade a inclusión de dúas mesas redondas que analizarán novas perspectivas no sector rural. Como é costume os faladoiros terán lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, sita na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).

O novo ciclo de faladoiros abranguerá dende a situación do deporte olímpico en Galicia (Francisco Javier Gómez Noia - Francisco Villanueva), as realidades e perspectivas do sector do viño (mesa: Evaristo Rodríguez, Xosé María Fonseca Moretón e Arsenio Paz), a xustiza (Esther González Pillado), o debuxo (Miguel Anxo Prado), a agricultura ecolóxica (mesa con Roberto de Facenda O Agro, Luis de Arqueixal e Ricardo da Horta do Val), o teatro (Mónica Camaño) a fotografía (Vitor Vaqueiro Foxo) e a música (Mini e Mero). Coidamos que esta multiplicidade temática é novas estruturas dos faladoiros resulten nun especial atractivo desta tempada 2012-2013 das TERTULIAS do IEM.
Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Descargar calendario das TERTULIAS do IEM 2012 -2013