Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario O dúo Mini e Mero pecha o ciclo de TERTULIAS do IEM 2012 - 2013
Skip to content
O dúo Mini e Mero pecha o ciclo de TERTULIAS do IEM 2012 - 2013 PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 04 Xuño 2013 19:15
Mini_e_Mero

Xosé Luis Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio, máis coñecidos como Mini e Mero serán os protagonistas dunha nova TERTULIA do IEM coa que pecharemos o ciclo 2012 – 2013. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar) o vindeiro venres 7 de xuño ás 20:30 horas.
Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coas persoas convidadas que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ata o xoves 6 de maio ás 22 horas.
Mini e Mero ademais da súa faciana como dueto de músicos e cantautores (membros históricos de Fuxan os Ventos e a máis recente A Quenlla), achegarannos as súas experiencias como investigadores do folclore e a cultura tradicional do país.
Mini e Mero na Universidade de Vigo

Dim lights Embed Embed this video on your site