Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Tertulias Calendario TERTULIA do IEM con Antón Masa Vázquez : “O sector vitivinícola galego: Historia e actualidade”.
Skip to content
TERTULIA do IEM con Antón Masa Vázquez : “O sector vitivinícola galego: Historia e actualidade”. PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 04 Novembro 2013 20:59

Este venres, 8 de novembro de 2013, TERTULIA do IEM co especialista en xenética da vide, Antón Masa Vázquez (Misión Biolóxica de Galicia) . O faladoiro leva por título “ O sector vitivinícola galego: Historia e actualidade”, e  será presentado polo botánico, Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h.

Despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor , ata o xoves 4 de abril ás 22 horas.