Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Toponimia
Skip to content
O IEM lamenta o pasamento da escritora Kristina Berg, viúva de Carlos Casares. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 03 Xullo 2012 21:56
casares-berg

O Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento da escritora e veciña do Val Miñor, Kristina Berg, viúva do escritor Carlos Casares, ocorrido no día de hoxe, 3 de xuño de 2012, na cidade de Vigo.
A Xunta de Goberno do IEM, en nome das socias e socios, amigas e amigos desta institución quere achegar as súas condolencias á familia Casares-Berg.