Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size
Está en:  Inicio Toponimia Artigos Recollida de topónimos da parroquia de Candeán (Vigo)
Skip to content
Recollida de topónimos da parroquia de Candeán (Vigo) PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 02 Xaneiro 2015 21:46

muinhos-da-goleta

A recollida da toponimia da parroquia de Candeán foi impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e pola Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Candeán. O traballo foi realizado polo técnico de campo Afonso Salvador Rodríguez González. O ámbito territorial obxecto de estudo foi a parroquia viguesa de Candeán, localizada na área periurbana de Vigo pero que aínda conserva nalgúns dos seus núcleos unha estrutura territorial de tipo rural.

 

Afonso100Candeán é unha entidade de poboación integrada actualmente no concello de Vigo, se ben até o ano 1941 estivo incluída no desaparecido concello de Lavadores. A súa extensión aproximada é de 5,5 km2, e conta actualmente cunha poboación de 4.860 habitantes. O mapa toponímico de Candeán inclúe diversos topónimos recollidos nas áreas perimetrais da parroquia, onde os límites teñen variado ao longo do tempo. Algúns destes topónimos estarían incluídos dentro de parroquias veciñas, pero por razóns de proximidade e de vinculación histórica coa parroquia de Candeán considerouse de interese que estes topónimos quedaran igualmente rexistrados.

O traballo de campo baseouse na entrevista a 250 veciños e veciñas, residentes na súa maior parte na parroquia de Candeán. A maior parte destas persoas foron seleccionadas en función da súa idade e/ou coñecemento do territorio. Foron consultadas así mesmo diversas fontes bibliográficas e documentais, como as fotografías aéreas do voo americano do ano 1956, cartografía histórica do monte comunal e, nomeadamente, o Libro de Legos do Catastro do Marqués da Ensenada, do ano 1753.

 

Parroquias-de-Vigo-2008

O número de topónimos recollidos foi de 1715. Algúns destes topónimos non presentan unha única forma, senón que un mesmo elemento pode ser coñecido por dous ou máis nomes distintos. Excluíndo aqueles topónimos que estarían situados fóra dos límites actuais da parroquia, a densidade aproximada de topónimos resultante é duns 280 topónimos/km2.

 

mapa500candean


Este mapa toponímico será imprimido e exposto ao público pola Comunidade de Montes de Candeán, de modo que os veciños e veciñas da parroquia poidan realizar correccións ao traballo, así como engadir novos topónimos. Procúrase deste modo promover a participación veciñal e a implicación de veciños e veciñas na recuperación da toponimia da parroquia, mellorando e ampliando a cartografía toponímica.

boton-kmz

 

TIPOLOXÍAS DE TOPÓNIMOS