Un convenio entre a CMVMC de Donas e o IEM permite recuperar máis de 1.300 topónimos da parroquia. Imprimir

Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 26 Novembro 2015 21:26
parroquia-de-donas
Entre os meses de xuño e agosto tivo lugar a recollida dos nomes dos lugares da parroquia de Santa Baia de Donas. En total 1.343 topónimos foron identificados e xeolocalizados polo técnico de campo, Anxo Rodríguez Lemos. As resultas deste traballo serán presentadas o vindeiro sábado 28 de novembro ás 18 horas no Centro Cultural do Souto, en Donas.
Na presentación terá lugar unha explicación da toponimia da xurisdición Real de Baiona, o topónimo Donas e os nomes de terra en Donas. Intervirán o presidente da Comunidade de Montes de Donas, Anxo González Crespo, Xosé Lois Vilar Pedreira en nome do IEM e Anxo Rodríguez Lemos, técnico de campo responsable da recollida.
Esta recuperación de topónimos tivo lugar tras un convenio entre a Comunidade de Montes de Donas e o Instituto de Estudos Miñoranos.

Web coas cartografías, documentación e descargables da recollida de topónimos en Santa Baia de Donas