Con máis de cen inscritos inaugúrase o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia. Imprimir

Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Xoves, 01 Marzo 2012 22:50
xose-lois-e-os-nomes-do-mar

Este venres 2 de marzo, ás 17 horas, no VERBUM de Vigo terá lugar a inauguración do I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia (os nomes dos lugares), organizado polos Concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense xunto co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). A actividade -que ten rexistrado un grande impacto na comunidade científica e universitaria con máis de cen inscritos-, conta coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
O acto inaugural farán uso da palabra Henrique Costas (Vicerreitor de Extensión Universitaria da U. de Vigo), Demetrio Gómez Xunqueira (Servizo de Normalización Lingüística e Xuventude, C. de Pontevedra), Manuel Fernández Pérez (Concelleiro de Deportes e Normalización Lingüística de Vigo)e Carlos Méixome (Director do IEM).