Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Volta dos Nove. Sábado 13 de outubro

Volta dos Nove

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Comisión da Volta dos Nove convídavos ós actos de lembranza do asasinato dos Ineses, a señora Dolores Samuelle e Os Nove de Baiona e Panxón o vindeiro sábado 13 de outubro.Hai xa 82 anos.

Ás 11h30'-no cemiterio civil de Sabarís unha lembranza oral e floral para Xosé e Luís López Luís e Dolores Samuellle, tamén coa compaña musical dos da Foz.

Ás 11h45'-na Volta dos Nove palabras, música e flores para os nove homes asasinados a noite do 15 para o 16 de outubro de 1936.

 

Foi no 24 de xullo, a media mañá, festas en Santa Cristina.

Entraron as tropas que viñan de acalmar Vigo.

O comandante militar de Baiona: Ramón Blanco Linares. Requisa na sociedade obreira de Sabarís, na Porta do Sol, socialista e anarquista. Fichas de afiliación, revistas pornográficas, correspondencia, ...

Ducias de homes fuxidos. Foron aparecendo todos, pero entre outros, faltaban Pepe e Luís, Os Ineses. Descubertos o 13 de outubro de 1936 agochados na casa de Ventura Pérez, cego, axudado por Dolores Samuellle que compraba moitos víveres para o vello, ou o xornal. Delación e entrada de falanxistas, e garda civil a mañá do 13. Defensa propia e ferido (Luís Refojo Mariño, camisa nova). Luís morto a tiros nunha viña camiño da Ladeira, Pepe no muro do cemiterio. Exposición pública e asasinato de Dolores Samuellle, por encubridora.

En Vigo o 15 morre o ferido e esa noite van buscar veciños do Val de Miñor os cárceres de Vigo, traen nove que matan antes da amañecida e á tarde enterran o camarada caído.

Herminio Ramos lembrounos:

1936 Octubre 16. En el día de hoy aparecen muertos a la orilla de la carretera más allá de la fuente de San Roque nueve hombres que resultaron ser vecinos desta villa, calificados de rojos presos en Vigo.

Está en:  Inicio Toponimia Artigos Listaxe de persoas admitidas na I Xornada de prácticas de recollida de toponimia en Pontevedra.
Skip to content
Listaxe de persoas admitidas na I Xornada de prácticas de recollida de toponimia en Pontevedra. PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 21 Maio 2012 21:22
toponimia-curso

I Xornada de prácticas de recollida de toponimia en Pontevedra Pazo da Cultura (rúa de Alexandre Bóveda), 26 de maio de 2012.

Criterios de selección para a primeira xornada práctica:

- Asistir ao curso de formación de especialistas en recollida de toponimia realizado en Pontevedra, Vigo e Gondomar durante o mes de marzo deste ano.

- Solicitar as prácticas durante o curso.

- Non ser traballador/a en activo.

- Coincidencia da zona solicitada na ficha de prácticas coas zonas dispoñibles para a recollida (pola colaboración con este proxecto de concellos e comunidades de montes)

- Ter relación (nacemento, residencia ou outra) co lugar onde se quere recoller.

- Dispoñer de coche para realizar as prácticas (agás para as bolsas da Universidade de Vigo)

- Confirmar a asistencia á xornada do día 26 de maio en Pontevedra.

Listaxe de persoas admitidas na xornada práctica do 26 de maio:

1.            Abelleira Fontán, María

2.            Álvarez de Lis, Teresa

3.            Álvarez Pérez, Marta

4.            Baqueiro Vidal, Sofía

5.            Carrasco Julián, Lorena

6.            Feijoo Fariña, Segundo

7.            Fernández Bernárdez, María

8.            Ferro Diz, María Dolores

9.            Freire Vila, Francisco

10.          García Romero, Minia

11.          Hernández Campos, Cristina

12.          Iglesias Fernández, Isabel

13.          Míguez Seoane, Iria

14.          Moital Davila, Álvaro

15.          Moledo Santiago, Xosé

16.          Otero Puga, Guadalupe

17.          Outeiro Rodríguez, Beatriz

18.          Oya Vidal, Diana

19.          Quintela López, Verónica

20.          Reboreda Carreira, Alberte

21.          Rodríguez Álvarez, Roberto

22.          Rodríguez González, Afonso

23.          Rodríguez Lemos, Anxo

24.          Seco García, Ursicino

25.          Sinde Vázquez, Alexandre

26.          Sobral Vázquez, Sonia

27.          Torres Hermida, María Mercedes

28.          Trigo Búa, Cristina

29.          Varandas González, Beatriz

30.          Varona Suárez, Víctor

AVISOS IMPORTANTES:

- As persoas que asistan ao curso o día 26 poderán xantar no Pazo da Cultura de Pontevedra.  Para iso, hai que anotarse antes do mércores 23, ás 12 horas, no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986100185, extensión 7042. Prezo do menú: 12 euros.

- Cómpre realizar a xornada completa do día 26 de maio, no horario de 9.30 a 19 horas, para poder optar ás prácticas remuneradas.

- O día 16 de xuño realizarase unha segunda xornada práctica no mesmo lugar e co mesmo formato. Poderán inscribirse as persoas que non están admitidas na xornada do día 26.

Horario previsto para o desenvolvemento da xornada práctica:

9.30 h

Apertura do curso

10 – 11 h

A base de datos e as fichas para a recollida. Vicente Feixoo

11 – 12 h

As ferramentas informáticas para a recollida. Marcos Pérez

12 – 14 h

Práctica de recollida de campo

14.30 h

Xantar

16 – 17.30 h

Práctica de xeración de base de datos e fichas.  Vicente Feixoo

17.30 – 19 h

Práctica de xeorreferenciación de topónimos. Marcos Pérez