Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Volta dos Nove. Sábado 13 de outubro

Volta dos Nove

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Comisión da Volta dos Nove convídavos ós actos de lembranza do asasinato dos Ineses, a señora Dolores Samuelle e Os Nove de Baiona e Panxón o vindeiro sábado 13 de outubro.Hai xa 82 anos.

Ás 11h30'-no cemiterio civil de Sabarís unha lembranza oral e floral para Xosé e Luís López Luís e Dolores Samuellle, tamén coa compaña musical dos da Foz.

Ás 11h45'-na Volta dos Nove palabras, música e flores para os nove homes asasinados a noite do 15 para o 16 de outubro de 1936.

 

Foi no 24 de xullo, a media mañá, festas en Santa Cristina.

Entraron as tropas que viñan de acalmar Vigo.

O comandante militar de Baiona: Ramón Blanco Linares. Requisa na sociedade obreira de Sabarís, na Porta do Sol, socialista e anarquista. Fichas de afiliación, revistas pornográficas, correspondencia, ...

Ducias de homes fuxidos. Foron aparecendo todos, pero entre outros, faltaban Pepe e Luís, Os Ineses. Descubertos o 13 de outubro de 1936 agochados na casa de Ventura Pérez, cego, axudado por Dolores Samuellle que compraba moitos víveres para o vello, ou o xornal. Delación e entrada de falanxistas, e garda civil a mañá do 13. Defensa propia e ferido (Luís Refojo Mariño, camisa nova). Luís morto a tiros nunha viña camiño da Ladeira, Pepe no muro do cemiterio. Exposición pública e asasinato de Dolores Samuellle, por encubridora.

En Vigo o 15 morre o ferido e esa noite van buscar veciños do Val de Miñor os cárceres de Vigo, traen nove que matan antes da amañecida e á tarde enterran o camarada caído.

Herminio Ramos lembrounos:

1936 Octubre 16. En el día de hoy aparecen muertos a la orilla de la carretera más allá de la fuente de San Roque nueve hombres que resultaron ser vecinos desta villa, calificados de rojos presos en Vigo.

Está en:  Inicio Toponimia Artigos A exposición “Patrimonio Natural” producida polo GAC 7 visita o Centro Cultural de Pedornes.
Skip to content
A exposición “Patrimonio Natural” producida polo GAC 7 visita o Centro Cultural de Pedornes. PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 04 Xuño 2012 20:52
Expo-Patrimonio-GAC-b


As asociacións Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración co Grupo de Acción Costeira (GAC) 7: Ría de Vigo-A Guarda, a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) organizan unha exposición sobre o Patrimonio Natural da costa sur pontevedresa no marco do proxecto TEAM Miño (POCTEP, 2007-2013). A exposición consta de 10 paneis de grandes dimensións (85 cm ancho x 200 cm de alto) e foi producida polo GAC 7. Os paneis da exposición están organizados baixo diferentes temáticas que inclúen "A Riqueza do Patrimonio", a "Toponimia de Cangas e Cíes", "A Talasonimia da Costa Sur", "O Mar das Gamelas", ou o "Patrimonio Industrial".
Dentro da Talasonimia da Costa Sur, a que se lle dedican 4 paneis, cabe salientar o traballo de recollida de topónimos feito por Roberto Rodríguez Álvarez (membro do IEM e veciño da parroquia de Pedornes) e Xosé Lois Vilar Pedreira (membro do IEM e veciño de Baiona). En canto ó Patrimonio Industrial, que conta con dous paneis, coméntanse aspectos relacionados coa Fábrica de Regasende, a Fábrica do Alemán, un Cargadoiro de Mineral tipo "Cantilever", un Forno de Cal ou a Granxa das Saíñas. Por outra banda, a abundante Riqueza Patrimonial da costa sur pontevedresa desglósase en tres listados baixo os títulos: Bens Culturais Mobles, Bens Culturais Inmobles e Bens Culturais Inmateriais. Finalmente, amósanse, a modo de resumo, información diversa relacionada coas actividades desenvolvidas polo GAC 7.
A citada exposición poderá visitarse os días 3, 10, 17 e 24 de Xuño, e o 1 de Xullo de 16.00 a 22.30 h.