Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Toponimia Artigos “Aceite madeira e boinas. Talasonimia dos naufraxios do mar dos galegos”, de Xosé Lois Vilar.
Skip to content
“Aceite madeira e boinas. Talasonimia dos naufraxios do mar dos galegos”, de Xosé Lois Vilar. PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Artigos
Luns, 13 Xaneiro 2014 23:17
Xose_Lois_Vilar_IEM1

O artigo do subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar forma parte das Actas da VI Xornada de Literatura de Tradición Oral “Historias, mitos e monstros do Mar de Galicia” que pode descargarse na súa totalidade aquí nunha versión en PDF.

"Aceite, madeira e boinas. A talasonimia e naufraxios na costa galega" é o título dunha investigación que o arqueólogo e especialista en toponimia, Xosé Lois Vilar leva desenvolvendo dende hai máis dunha década por toda a costa do país. Froito do estudo da cartografía e documentación histórica, mais sobre todo das centos de entrevistas a mariñeiros e habitantes da ribeira atlántica, o artigo que hoxe compartimos afonda na pegada na memoria colectiva das ducias de naufraxios no mar de Galicia.

O libro Talasonimia da costa sur de Galicia (IEM, 2008)recolleu parte desta investigación no referente á parte máis meridional do país. En "Aceite, madeira e boinas. Talasonimia dos naufraxios do mar dos galegos", Vilar dá un adianto das súas novas pescudas que abrangue outras zonas e casos non contemplados na obra citada.

O artigo foi presentado con motivo das VI  Xornadas de Literatura e Tradicional Oral que organizou a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en Lugo no pasado mes de novembro do 2013.